Monster: The Ed Gein Story é a terceira tempada da serie de televisión estadounidense Monster, creada por Ian Brennan para Netflix. A tempada céntrase no asasino en serie Ed Gein, interpretado por Charlie Hunnam. O resto do elenco está composto por Suzanna Son, Vicky Krieps, Laurie Metcalf e Tom Hollander. A tempada inclúe metacomentarios sobre a obsesión cultural cos crimes reais, explorando a influencia de Gein en Hollywood e na cultura popular.
É a terceira tempada da serie antolóxica Monster, logo de Monster: The Jeffrey Dahmer Story (2022) e Monsters: The Lyle and Erik Menendez Story (2024). Anunciouse que unha tempada baseada en Ed Gein estaría en desenvolvemento o 14 de setembro de 2024. É a primeira tempada que non está dirixida por Murphy, con Brennan como a única creadora e guionista.
Sinopse A serie explora a vida do asasino e ladrón de cadáveres convicto Ed Gein a través de alusións a obras culturais ficticias inspiradas nos seus crimes, como Piscose (1960), The Texas Chain Saw Massacre (1974) e O silencio dos cordeiros (1991)..
Notas
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1940 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1950 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1960 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1970 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1980