Medio dólar doTricentenario de Maryland "1934 Maryland Tercentenary Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar Maryland". Numista.com150x150px150x150pxA/: Busto cara á dereita de Cecil Calvert. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / HALF DOLLAR / IN GOD WE TRUST / E PLURIBUS UNUM / CECIL CALVERT / HALF DOLLAR.R/: Escudo de Maryland. Lendas: MARYLAND TERCENTENARY / 1634-1934 Datas: 1934 Ceca: US Mint: Filadelfia (sen marca). Deseño: Hans Schuler. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 25.000 exemplares (mais outros 15 para ensaio). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Tricentenario de Maryland foi unha moeda conmemorativa de prata emitida con este valor facial pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración do 300 aniversario da chegada dos colonos ingleses a Maryland, en 1634. Foi cuñada con data de 1934 na ceca de Filadelfia ."Maryland Tercentenary Half Dollar". United States Mint (Usmint.gov)."1934 Maryland Tercentenary Half Dollar". American Numismatic Association (Money.org)."1934 Maryland Tercentenary Half Dollar". En Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 261-264
O deseñador Hans K. Schuler colocou no seu anverso un busto de Cecil Calvert, 2º Lord Baltimore, e no reverso un escudo do estado de Maryland.
A Comisión do Tricentenario de Maryland solicitou ao Congreso dos Estados Unidos a emisión dunha moeda conmemorativa da efeméride. Os dous senadores do estado presentaron un proxecto de lei para tal emisión, e esta foi aprobada por ambas as cámaras do Congreso sen oposición. A proposta de deseño de Hans Schuler pasou a preceptiva revisión da Comisión de Belas Artes, aínda que se deu a controversia de se a representación no anverso de Lord Baltimore, un cabaleiro católico, debía levar un na súa roupaxe colo típico dos puritanos.
Da tiraxe de 25.000 autorizada e realmente cuñada, a Comisión comercializou arredor de 15.000, ao prezo dun dólar por unidade. As 10.000 restantes vendéronse por xunto nos anos seguintes, a prezos máis reducidos.
Antecedentes e contexto
O feito conmemorado Os primeiros colonos de Maryland fundaran St. Mary's City nun terreo concedido polo rei Carlos I (1625-1649) a Cecil Calvert, segundo barón de Baltimore.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 261.Swiatek, A. (2012). Páxinas 217-218.miniatura|Penique de prata da colonia de Maryland emitido en 1659 por Lord Baltimore."1 Penny - Lord Baltimore “ Denarium”". Numista.comEn 1634, Cecil Calvert foi o patrocinador dunha viaxe duns 200 colonos de Inglaterra a bordo dos barcos Ark e Dove, que chegaron á rexión da actual Maryland e alí fundaron St. Mary's City nuns terreos que o rei Carlos I (1625-1649) lle concedera. O nome da nova cidade rendía homenaxe a Henrietta Maria, espolsa de Carlos I e irmá de Luís XIII de Francia. Malia patrocinar a viaxe, o propio Calvert non chegou a visitar nunca aquelas terras, senón que foi un irmán seu, Leonard Calvert, quen realmente gobernou Maryland."Maryland Tercentenary Half Dollar Commemorative History, Facts, and Specifications". Coincommunity.com
Establecida alí a nova colonia de Maryland, en 1659 emitírase unha moeda de prata que reproducía no seu anverso o busto de Cecil Calvert, como fundador do territorio.
A idea da emisión conmemorativa O grande interese histórico das conmemoracións de episodios relevantes da historia dos Estados Unidos motivou na primeira metade do século XX o desexo dalgunhas entidades de promover a emisión de moedas conmemorativa da efeméride, como xa estaba a suceder con outras conmemoracións. Na década de 1930, as moedas conmemorativas non eran distribuídas polo Goberno estadounidense, senón que o Congreso, ao aprobar a lexislación que autorizaba cada moeda, designaba unha organización sen ánimo de lucro á que lle outorgaba o dereito exclusivo de as adquirir ao seu valor nominal e logo revendelas á poboación cunha prima, supondo así unha fonte de financiamento para celebracións e eventos diversas.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.
No caso do medio dólar de Maryland, o grupo responsable era a Comisión do Tricentenario, responsable de organizar os actos de conmemoración do 300º aniversario da chegada en 1634 dos colonos ingleses ao territorio de Maryland.Flynn, K. (2008). Páxinas 351-352. Esta comisión debía usar os beneficios da comercialización da moeda para cubrir os gastos das celebracións do aniversario.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 153. Ademais de solicitar a moeda, pediu a emisión dun selo de correos conmemorativo, que tamén se produciu."Asks Roosevelt's OK on tercentenary stamp". En Baltimore Evening Sun. 24 de xaneiro de 1934. Páxina 30.
Proceso lexislativo
O 6 de marzo de 1934, os dous senadores de Maryland, Millard E. Tydings e Phillips Lee Goldsborough, encargáronse de presentar no Senado dos Estados Unidos o proxecto de lei para a emisión dunha moeda de medio dólar en conmemoración do 300º aniversario doe stablecemento de Maryland. Este proxecto foi remitido á Comisión de Banca e Moeda desa cámara,"A bill (S. 2966) to authorize the coinage of 50-cent pieces in commemoration of the three hundredth anniversary of the founding of the Province of Maryland; to the Committee on Banking and Currency". Congressional Record - Senate. 6 de marzo de 1934. Páxina 3.762. que emitiu un informe o 13 de marzo, a través do senador Goldsborough, no que se recomendaba a súa aprobación sen emendas."Coins in commemoration of founding of Province of Maryland, report to accompany S. 2966 [to authorize coinage of 50-cent pieces in commemoration of 300th anniversary of founding of Province of Maryland]; submitted by Mr. Goldsborough. Feb. 28, calendar day Mar. 13, 1934)". Páxina 1999. En Monthly Catalog United States Public Documents. Nº 471. March 1934. Washington, 1934. Así as cousas, o proxecto de lei presentouse no pleno do Senado o 20 de marzo e aprobouse sen necesidade de que se producise discusión de ningún xénero."Commemoration of Three Hundred Anniversary of Founding of Maryland". Congressional Record - Senate. 20 de marzo de 1934. Páxina 4.890.
Daquela, o proxecto de lei foi transmitido á Cámara de Representantes, que o remitiu á súa Comisión de Moeda, Pesos e Medidas. Esta comisión emitiu un informe o 25 de abril de 1934, a través do representante de Nova York Andrew Somers, polo que se recomendaba que o proxecto de lei se aprobase, aínda que con varias emendas, entre elas a que propuña aumentar a tiraxe autorizada dos 10.000 exemplares inicialmente solicitados a 25.000, así como exixir que o Goberno federal non tivese que pagar a elaboración dos cuños nin outros aspectos do proceso de produción."Coins in commemoration of founding of Province of Maryland report to acompany S. 2966 [to autorize coinage of 60-Cent pieces in commemoration of 300th anniversary of founding of Province of Maryland] ; submitted by Mr. Somers of New York. Apr. 25, 1934". Páxina 919. En Monthly Catalog United States Public Documents. Nº 472. April1934. Washington, 1934. Somers presentou o proxecto de lei no pleno da Cámara de Representantes o 2 de maio e, cando pediu que fose tomado en consideración, Sam Rayburn, de Texas, declarou que se finalmente chegaba a haber debate, el amosaría a súa oposición. Somers afirmou que, ata onde el sabía, non habería debate. Thomas L. Blanton, tamén de Texas, propuxo unha nova emenda para aumentar a tiraxe ata os 100.000 exemplares, pero esta petición foi simplemente pro forma, para lle poder formular preguntas a Somers. Somers declarou que a cifra de 25.000 fora acordara en logo dunha consulta co Departamento do Tesouro. Blanton argüíu que había necesidade de máis moedas de prata en circulación, pero el e Somers coincidían en que as moedas conmemorativas, que raramente chegaban a entrar en circulación e xeralmente se retiraban axiña, non eran a solución. Retirou, xa que logo, a súa emenda, e o proxecto de lei aprobouse sen máis discusións na Cámara de Representantes."Finfty-Cent Piece in Commemoration of Three Hundredth Anniversary of Founding of the Province of Maryland". Congressional Record - House. 2 de maio de 1934. Páxina 7.916.
Como as dúas cámaras do Congreso aprobaran versións do proxecto de lei que non eran idénticas, por mor das emendas introducidas, este foi devolto ao Senado. O 3 de maio, Goldsborough propuxo que o Senado aceptase as emendas da Cámara de Representantes, e o proxecto de lei aprobouse sen debate."Commemoration of Three Hundredth Anniversary of the Founding of Maryland". Congressional Record - House. 3 de maio de 1934. Páxina 7.992. Finalmente, o proxecto de lei, que autorizaba a emisión de 25.000 moedas de medio dólar, converteuse na Lei pública Nº 215, do 9 de maio de 1934, logo da sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt."Maryland Tercentenary Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov).
Preparación Antes da aprobación do proxecto de lei, o proceso de preparación dos deseños da moeda xa se iniciara, a partir da proposta que se lle solicitara ao artista Hans Schuler, do Maryland Institute College of Art. De feito, o mesmo día da súa aprobación, o 9 de maio, o secretario da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, Hans Caemmerer, enviou un telegrama ao seu escultor membro desta comisión, Lee Lawrie, para o informar de que o Departamento do Tesouro precisaba unha resposta inmediata sobre se consideraban que os deseños que se lle presentaban eran un non axeitados. Lawrie viaxou en tren a Filadelfia e alí reunirse co gravador xefe da Casa da Moeda, John R. Sinnock. Lawrie fixo varias suxestións, entre elas a de eliminar un punto entre as palabras HALF e DOLLAR e reespazar as letras desas palabras. O deseñador da moeda, Schuler, fixo algúns cambios ao respecto e levou de volta os modelos da moeda elaborados en xeso á Casa da Moeda o día 14. Malia a aprobación dada por Sinnock a estas correccións, o escultor Lawrie propuxo algunhas suxestións complementarias, entre elas a de mover a inscrición IN GOD WE TRUST do reverso para o anverso, xunto ao busto de Lord Baltimore, quen decretara a liberdade relixiosa en Maryland. Tamén considerou que a vestimenta de Lord Baltimore non era a axeitada, dado que que no modelo estaba representado cun colo ancho, que Lawrie considerou máis típico dos puritanos que dos cabaleiros como Baltimore, un católico.Taxay, D. (1967). Páxinas 137-140.
miniatura|Lord Balrimore pintado por Gerard Soest, que serviu de modelo para o retrato do anverso.|335x335px
Schuler realizou as modificacións da tipografía, pero non aceptou a crítica do colo, afirmando que baseara a súa representación nun cadro ben coñecido de Baltimore pintado por Gerard Soest. Lawrie non argumentou máis e, coa Comisión do Tricentenario ansiosa por ter as moedas acuñadas canto antes, a Comisión de Belas Artes deu a súa aprobación. Para aforrar tempo, os punzóns da emisión foron preparados pola Medallic Art Company de Nova York.Taxay, D. (1967). Páxinas 140-141.
Deseño