Ramiro Rodríguez Gutiérrez, coñecido como Maestro de la música de Castro, nado en Paradela cara a 1891 e finado en Lugo o 11 de outubro de 1937, foi un músico e político galego.

Traxectoria Músico veciño de Castro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou co Cárcere de Lugo o 13 de decembro. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 168/36 o 31 de xullo de 1937 xunto con Manuel López Rodríguez, Benigno López López, Orencio López López, Pedro Rodríguez Rodríguez, Valentín López García, José López Yáñez, Manuel Pérez González e Ramón Díaz Díaz, foron condenados a pena de morte. Foron executados en Lugo o 11 de outubro de 1937 xunto con Alfredo Díaz Monteserín.El Progreso, 12-10-1937, p. 4. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1937.BOP Lugo, 29-11-1937, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente de responsabilidade política nº 8/1937 de Pablo Díaz López; Francisco López López e outros

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Paradela Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1937