A gaivota escura, maroto ou papón (Larus fuscus) é unha das gaivotas máis espalladas por Europa

Descrición

Un exemplar adulto mide uns 54 cm de lonxitude. A plumaxe é branca coa parte superior de cor gris lousa. O bico, moi forte, ten na parte inferior dianteira un punto vermello. As patas son na súa meirande parte amarelas. O aspecto dos machos e o das femias é semellante.

Sistemática

Ten catro Gaviota sombría invernante. Revista Quercus, Nº331, Septembro 2013 (segundo algunhas clasificacións dúas ou tres) subespecies europeas:

Larus fuscus fuscus, do mar Báltico e o leste de Escandinavia. A parte superior e negra acibeche. Larus fuscus intermedius, de Dinamarca, Países Baixos, Noruega. Parte superior de cor negra tizón. Larus fuscus graellsii, das Illas Británicas, Islandia, norte de Francia. Parte superior de cor gris escura. Larus fuscus heuglini, ocupa o norte de Siberia.

Distribución 200px|miniatura|dereita|Exemplar adulto 200px|miniatura|dereita|Adulto e inmaturo. As poboacións máis importantes desta especie está no Reino Unido. Tamén son considerables as poboacións de Islandia, Illas Feroe, Escandinavia e Países Baixos. O resto de poboacións distribúense polas repúblicas bálticas ata o norte de Siberia, Francia, España , Portugal e Polonia. Son aves exclusivamente costeiras que se alimentan case exclusivamente no mar, tamén lonxe da costa. Son migratorias. Pasan o inverno desde as illas Británicas ó oeste de África. En inverno é un visitante regular das costas norteamericanas, as que chega probablemente dende Islandia.

Poboación en Galiza

A gaivota escura é principalmente invernante en Galiza aínda que tamén existen pequenas poboacións ó longo da costa galega. No ano 2000 contabilizáronse unhas 330 parellas aniñantes nas Illas Sisargas, Sálvora, Coelleira e nas Illas Cíes principalmente. Como invernante a súa poboación varía entre os 6.000 e os 14.000 exemplares.

Reprodución

Cría en colonias á beira do mar ou en lagos. Fai o niño no chan dos acantilados. Adoita poñer tres ovos. Os exemplares novos son de cor castaña anegrada na parte superior. Tardan catro anos en chegar ó estado adulto.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Guía das aves de Galicia (1991), Editorial Baía.

Ligazóns externas

LBBG pages on www.gull-research.org Imaxes de Gaivotas escuras de tódalas idades

Escura Categoría:Animais descritos en 1758