Ana Marques Parrilla, nada en Monforte de Lemos en 1981, é unha escritora de literatura infantil galega en lingua castelá.

Traxectoria Aínda que naceu en Monforte, pasou a infancia en Ferrol e a mocidade, a partir dos 13 anos (1994), na Coruña, onde vive. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e posteriormente participou en obradoiros e cursos de escritura en Madrid.

Marques iniciou a súa carreira literaria coa publicación do conto ilustrado Volando, que foi finalista en varios premios internacionais, coma o Hematofesti de Vigo e os Premios Torre de Agua de Tres Cantos.

Profesionalmente, Ana Marques traballa como profesora de español para estranxeiros.

Obras Volando (2025), libro infantil ilustrado por Natascha Rosenberg (Tutifruti).

Notas

Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1981 Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá