Nélson Macedo Monte, nado en Vila do Conde o 30 de xullo de 1995, é un futbolista portugués que xoga como lateral dereito ou defensa central no Almería, da Segunda División.
Traxectoria
Xogou nas canteiras do Benfica e o Rio Ave en 2012, debutando co primeiro equipo deste último na Primeira Liga o 12 de abril de 2014, aínda en idade xuvenil. Militou no Rio Ave ata setembro de 2021, sumando 139 partidos oficiais.
Pouco despois fichou polo SC Dnipro-1, da Premier Liha de Ucraína. O 24 de febreiro de 2022, despois da invasión rusa de Ucraína, foi evacuado da cidade de Dnipro e despois de conducir ata Romanía, tomou un voo de regreso ao seu país natal.
O 7 de marzo de 2022 a FIFA suspendeu os contratos de todos os xogadores e adestradores estranxeiros afiliados á Asociación Ucraína de Fútbol, permitíndoselle asinar contratos con clubs doutros países. Oito días despois, Monte utilizou ese regulamento para asinar coa UD Almería da Segunda División española até o final da tempada. O equipo andaluz conseguiu o ascenso como campión, pero Monte non chegou nin a debutar. O 5 de xullo de 2022 regresou ao seu país, asinando por un ano polo Chaves.
O 23 de agosto de 2023 volveu a España ao fichar polo Málaga, da Primeira Federación. Disputou 36 partidos co conxunto malacitano, contribuíndo ao ascenso do equipo á Segunda División. O 21 de xullo de 2025 regresou a Almería cun contrato de tres anos.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Vila do Conde Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do GD Chaves Categoría:Xogadores do Rio Ave FC