Vigna radiata, coñecida popularmente como soia verde, ou feixón da China, é unha especie da familia das fabáceas, cultivada principalmente no sueste asiático (Myanmar, Camboxa, Filipinas, Indonesia, Laos, Malaisia, Tailandia e Vietnam), así como en Bangladesh, a China, a India, Sri Lanka; e en varios países de África; ademais de en rexións de clima tropical e subtropical.
Descrición dereita|miniatura|Xerminación nun lapso de 10 días. É unha planta anual de porte rapeño, a rentes do chan, ou erecta, se se suxeita a un titor ou se se entrelaza a outra planta. Os talos, de entre 20 a 60 cm, están cubertos de pelos hirsutos de cor castaña. As follas son pecioladas (5 a 21 cm), pinnadas con 3 folíolos ovados de marxes enteiras e ápice agudo ou acuminado. As inflorescencias son acios axilares con 4 (ou até 25) flores de pétalos amarelos, deltoides; os dous superiores connados formando un beizo bífido, o inferior en forma de quilla curvada. O froito é unha pequena vaíña cilíndrica algo pilosa con 8 a 14 sementes duns 2,5 mm.
Usos e cultivo
Culinario As sementes (grans) de V radiata empréganse como verdura; cocidas, en purés, sopas ou como pasta vexetal; sendo consumidas con ou sen casca, ou xerminadas para posteriormente ser consumidas como xermolos tenros.
Na cociña oriental consómense habitualmente estes brotes, que son os grans xerminados, crus en ensalada ou salteados, pódense combinar con carnes para substituír os carbohidratos con amidón, e cocíñanse ou saltéanse lixeiramente, co fin de conservar a súa textura. O uso destes xermolos foise popularizando e pódense atopar practicamente en calquera mercado mundial.
Empréganse comunmente na cociña chinesa, así como nas cociñas de Birmania, Sri Lanka, Tailandia, Xapón, Taiwán, Corea, Filipinas, Paquistán, India, Irán, Iraq, Indonesia, Vietnam e outras rexións do sueste asiático. Tamén na cociña chifa peruana.
Na cociña india adóitase empregar a semente pelada que se denomina urad e úsase fundamentalmente na elaboración do dal. Nalgunhas rexións utilízase para a preparación da dosa, especie de torta que se consome como almorzo.
Os xermolos conteñen proteínas, carbohidratos e fibra, aínda que en menor cantidade que as sementes. Tamén son máis pobres en fósforo, potasio, calcio, magnesio, ferro, cinc, iodo, flúor e cobre que os grans. Con todo, o seu contido en sodio é máis alto. Os grans teñen todas as vitaminas, excepto a B12 e o D.
Tamén se usa o seu amidón para a elaboración do fideo celofán.
Cultivo Cultívase en altitudes de até 1850 msnm en climas de entre 20 °C a 30 °C de media, con precipitacións anuais de 600 a 1800 mm. Adáptase a solos pobres aínda que se desenvolve mellor en substratos fértiles e soltos (areosos); non tolera os salinos. É bastante resistente á seca e nos lugares de sombra.
Taxonomía V. radiata é unha das moitas especies que recentemente se trasladaron do xénero Phaseolus a Vigna, e aínda é común vela erroneamente citada como Phaseolus aureus ou Phaseolus radiatus.
Vigna radiata foi descrita por (L.) R.Wilczek e publicada en Flore du Congo Belge et du Ruanda-Urundi 6: 386. 1954.
Etimoloxía:
Vigna: nome xenérico en honra do botánico italiano Dominico Vigna, que o descubriu no século XVII.
Radiata: epíteto latíno que significa "irradiando".
Variedades: Vigna radiata var. grandiflora (Prain) Niyomdham Vigna radiata var. setulosa (Dalzell) Ohwi & Ohashi Vigna radiata var. sublobata (Roxb.) Verdc.
Sinonimia:
Azukia radiata (L.) Ohwi Phaseolus abyssinicus Savi Phaseolus aureus Roxb. Phaseolus aureus Zuccagni Phaseolus aureus Wall. Phaseolus chanetii (H.Lev.) H.Lev. Phaseolus hirtus Retz. Phaseolus mungo sensu auct.fl.As.Med. Phaseolus radiatus L. Phaseolus radiatus var. typicus Prain Pueraria chanetii H.Lev. Rudua aurea (Roxb.) F.Maek. Rudua aurea (Roxb.) Maekawa
Notas
Véxase tamén
Categoría:Plantas descritas en 1954 Categoría:Plantas medicinais Categoría:Gastronomía da India