Manuel Feijóo Aragón, nado en Madrid o 27 de xuño de 1977, é un artista, presentador, conferenciante e guionista español.
Traxectoria Manuel naceu no seo dunha familia de gran tradición dentro do mundo do espectáculo. Por parte de pai é fillo, neto e bisneto de empresarios circenses, a saga dos Feijóo.Real Academia de la Historia Por parte de nai pertence á Familia Aragón, famosa saga de artistas cuxo orixe se remonta ao primeiro terzo do século XVIII, en Francia.
Manuel, fillo de Rita Irasema e neto do pallaso Miliki, aparece por primeira vez ante unha cámara con tan só seis meses de idade no programa El Gran Circo de RTVE. Con trece meses de idade fai o seu debut sobre a pista dun circo da man do seu avó. Entre 1986 e 1990 incorpórase sobre os escenarios aos espectáculos musicais do seu avó e a súa nai, interpretando pequenos papeis e "aprendendo o oficio".
No noventa, de novo con Miliki e Rita, intervén de forma esporádica nos programas infantís de televisión La merienda (1990), La Guardaría (1990) e Superguay (1991).
Comezo profesional Debuta profesionalmente como guionista na serie Menudo es mi padre (1996, Antena 3). Tras o seu paso pola serie Más que amigos (1997, Tele 5) e a serie de animación Defensor 5 (2000, TVE), incorpórase ao equipo de guión da multipremiada serie Compañeros (1998-2002, Antena 3). Alí, ten a oportunidade de debutar como actor, compaxinando así durante máis de 60 capítulos as facetas de guionista e actor da serie simultaneamente. Feijóo interpreta a un adolescente cabal e con aspiracións a prestidixitador, que se integra no colexio Azcona. O actor repetiu personaxe na versión cinematográfica, titulada No te fallaré (2001), filme do que é tamén argumentista. Paralelamente ao seu traballo en Compañeros, participa como presentador en do concurso Megalíneas, sección do programa colector infantil Megatrix (2000, Antena 3), ou en especiais en directo da canle Factoría de Ficción, talles como Así se hace Periodistas ou Así se hace Siete Vidas.
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Nados en 1977