Alberto Manuel Domínguez Rivas, coñecido como Alberto Domínguez ou simplemente Alberto, nado en Santiago de Compostela o 11 de febreiro de 1988, é un futbolista galego que xoga na posición de porteiro. O seu equipo actual é o Coruxo Fútbol Club da Segunda Federación.
Traxectoria Comezou a súa formación nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Na tempada 2007/2008 foi cedido ao Montañeros Club de Fútbol, equipo no que realizou o seu debut sénior. No verán de 2008 regresou ao Deportivo e foi asignado ao Fabril da Segunda División B. En xuño de 2009 fichou pola Sociedade Deportiva Compostela; tras unha tempada con pouco tempo de xogo, en agosto de 2010 asinou un novo contrato co Coruxo Fútbol Club.
O 3 de xullo de 2012 asinou polo Getafe B. Aínda que foi convocado nalgunhas ocasións para xogar co primeiro equipo, non chegou a debutar. O 18 de xullo de 2013 Alberto pasou a formar parte do Albacete Balompié, tamén na terceira categoría. Tras xogar como suplente de Francisco Dorronsoro, en febreiro de 2014 foi promovido a porteiro titular do equipo. Participou en 18 partidos durante a tempada 2013/14 e contribuíu ao ascenso do club albaceteño á Segunda División tras tres anos de ausencia.
Alberto xogou o seu primeiro partido profesional o 24 de agosto de 2014, sendo titular nunha derrota por 2-3 ante o AD Alcorcón. Debido á chegada de Diego Rivas e varios problemas de lesións, Alberto foi perdendo peso no equipo e finalizou contrato ao remate da tempada 2014/15. O 3 de agosto de 2015 fichou pola SD Ponferradina.
Alberto regresou ao Coruxo en setembro de 2016. Considerado unha "institución no Coruxo" pola súa longa traxectoria no equipo, na tempada 2025/26 segue a xogar como suplente do club vigués na Segunda Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alberto en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Futbolistas de Santiago de Compostela Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Getafe CF B Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Coruxo FC