O MYO1C é o xene que codifica a proteína humana miosina-Ic, que está situado no cromosoma 17.

Este xene codifica un membro da familia proteica das miosinas, que son motores moleculares que actúan coa actina. A proteína atópase no citoplasma, e tamén se encontra unha isoforma cun N-terminal especial no núcleo celular. A isoforma nuclear asóciase coas ARN polimerases I e II e funciona na iniciación da transcrición. O ortólogo en ratos desta proteína tamén funciona no transporte vesicular intracelular á membrana plasmática. Neste xene atopáronse múltiples variantes de transcrición que codifican diferentes isoformas. O xene relacionado da miosina IE tense denominado miosina IC na literatura científica, mais é un locus distinto situado noutro cromosoma, o cromosoma 19.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Proteínas humanas