Red Willow Creek, é un arroio afluente do río Republican en Nebraska, cunha lonxitude de 203 km. En realidade, o nome provén dunha tradución incorrecta das palabras, en lingua dakota, Chanshasha Wakpala, que literalmente significa arroio Red Dogwood. Os dakota referíanse ao arroio así pola abundancia do arbusto Red Dogwood que medraba nas súas beiras. O seu talo e as súas pólas son de cor vermella intensa e é un produto moi utilizado na fabricación de cestería.

Notas

Categoría:Xeografía de Nebraska