Nadando en liberdade (en ) é un filme dramático australiano de 2022 dirixido por Robert Connolly, cun guión escrito por Connolly e Tim Winton. Baséase na novela homónima de Winton escrita en 1997. O filme céntrase nunha rapaza que fai amizade cun peixe salvaxe Achoerodus mentres fai mergullo, e convértese nunha apaixonada activista pola protección do ecosistema dos arrecifes de coral de Australia. Está protagonizado por Mia Wasikowska, Radha Mitchell, Ilsa Fogg, Liz Alexander, Ariel Donoghue, Clarence Ryan, Pedrea Jackson, Erik Thomson, Eddie Baroo e Eric Bana.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de TorontoJackie Keast, "Robert Connolly’s ‘Blueback’ selected for Toronto". IF Magazine, 29 de xullo de 2022. o 10 de setembro de 2022, e nos cinemas de Australia o 1 de xaneiro de 2023. Nos Premios ARIA Music de 2023, a banda sonora foi nomeada na categoría de mellor banda sonora orixinal, álbum de elenco ou programa.
Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.
Personaxes Mia Wasikowska como Abby Jackson Ilsa Fogg como Abby de adolescente Ariel Donoghue como Abby de nena Radha Mitchell como Dora Jackson Liz Alexander como Dora de adulta Clarence Ryan como Briggs Pedrea Jackson como Briggs de adolescente Erik Thomson como Costello Eddie Baroo como Merv Eric Bana como 'Mad' Macka Albert Mwangi como Gitundu Dalip Sondhi como Mr. Carlisle Nick Paranamos como fillo de Macka
Notas
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dirixidos por Robert Connolly Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego