Ander Gorostidi García, nado en Tolosa o 23 de febreiro de 1996, é un futbolista vasco que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Racing de Ferrol da Primeira Federación.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores da Real Sociedad. En xuño de 2014 pasou a formar parte do filial Berio Futbol Taldea da Terceira División, equipo co que debutou durante a tempada 2014/2015. O 3 de xuño de 2016 foi promovido á Real Sociedad B da Segunda División B. O 19 de xaneiro de 2018, Gorostidi renovou contrato co club donostiarra até 2021.
O 12 de agosto de 2020 anunciouse a súa fichaxe pola Agrupación Deportiva Alcorcón da Segunda División. Gorostidi debutou profesionalmente o 13 de setembro dese ano como titular nun encontro ante o Mirandés. O 28 de xullo de 2022, tras o descenso do Alcorcón, Gorostidi asinou un novo contrato co Gimnàstic de Tarragona da Primeira Federación. En xullo de 2025 pasou a formar parte do Racing de Ferrol na mesma categoría.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ander Gorostidi en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Tolosa, España Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol