Florencio Esteban de Frutos, coñecido como Castilla, nado en Ochando (Santa María la Real de Nieva, Segovia) cara a 1894 e finado en Ourense o 11 de decembro de 1937, foi un sindicalista e político español.
Traxectoria Obreiro do ferrocarril. Militante da CNT, foi presidente do Sindicato Único de Traballadores da Gudiña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Ingresou na prisión do Partido de Verín en 1937. Foi trasladado á Prisión Provincial de Ourense o 15 de febreiro. Xulgado por rebelión militar en consello de guerra o 8 de xullo de 1937 na causa 166/37, foi condenado a morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de decembro de 1937 xunto con Domingo Couso Pérez, Jacinto Diéguez Peña e Eladio Diéguez Ballesteros.La Región, 12-12-1937, p. 3.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Florencio Esteban de Frutos Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na provincia de Segovia Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1937