João Pedro Moreira Resende, nado en Guimarães o 23 de marzo de 2003, é un futbolista portugués que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación, cedido polo CF Estrela da Amadora da Primeira Liga.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores da AD Fafe, da Casa Benfica Póvoa de Lanhoso e do Vitória de Guimarães. En 2019 pasou a formar parte do equipo xuvenil do Benfica e en 2021 foi promovido ao S.L. Benfica B. En xullo de 2023, Resende asinou un contrato de tres anos coa União de Leiria da Segunda Liga.
O 31 de xaneiro de 2024 anunciouse a cesión de Resende á Académica de Coimbra da Liga 3 durante o resto da tempada 2023/24. O 1 de xullo de 2025, Resende comezou un contrato de tres anos co CF Estrela da Amadora na máxima categoría do fútbol portugués. Tras debutar na Primeira Liga, o 1 de setembro de 2025 foi cedido ao Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación.
Traxectoria internacional João Resende ten xogado nas categorías inferiores da selección portuguesa.
Palmarés Campeonato Nacional de Juniores: 2021–22 Liga Xuvenil da UEFA: 2021–22 Copa Intercontinental Sub-20: 2022
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas João Resende Perfil na Federación Portuguesa de Fútbol João Resende Perfil en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados no distrito de Braga Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do SL Benfica B Categoría:Xogadores do UD Leiria Categoría:Xogadores do Académica de Coimbra Categoría:Xogadores do CF Estrela da Amadora Categoría:Xogadores do Pontevedra CF