Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e finado na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un historiador, investigador e editor do rexurdimento galego.

Traxectoria Realizou os seus estudos de Bacharelato en León en 1857, e en 1862 obtivo o título de Bacharel en Artes. En 1863 continuou os seus estudos na Escola Superior de Diplomática na Universidade Central e en 1866 acadou o título de Arquiveiro-Bibliotecario. En 1872 pasou a dirixir o Arquivo Histórico de Galiza da Coruña.

Nesta cidade entrou en contacto co mundo cultural galego, publicando varios traballos sobre temas históricos e filolóxicos. O seu labor editorial foi fundamental para o desenvolvemento da literatura galega do Rexurdimento. Ademais de textos propios da tradición literaria como a Crónica Troiana, a versión galega das Partidas de Afonso X o Sabio ou as Proezas de Galicia de Xosé Fernández de Neira, tamén pasaron pola súa imprenta Los Precursores de Manuel Murguía, El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez ou Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, dentro da colección Biblioteca Gallega que el mesmo fundou.

Por outra parte, colaborou en Galicia Histórica, foi director da revista Galicia e, á morte de Manuel Murguía, foi nomeado presidente da Real Academia Galega. Así mesmo, en 1889 foi nomeado polo concello da Coruña primeiro cronista oficial da cidade.

Escritor ocasional en lingua galega, a día de hoxe só se conservan catro versos e mais unhas liñas en prosa escritas nesta lingua.

Vida persoal

miniatura|Imaxe de Martínez Salazar no Almanaque Gallego para 1898. Casou o 31 de xullo de 1871 con Petra Morás Suevos, de 19 anos de idade, filla do práctico maior do porto, coa que tivo dezanove fillos, entre eles Juan, Andrés, Manuel, Eduardo, Fernando, Pilar, Carmen, Carlos, Marcelino, Elena e Isabel. Faleceu por mor dunha esclerose renal.

Obras La Beneficencia en Betanzos en los siglos XVI, XVII y XVIII: memoria de los establecimientos y fundaciones benéficas existentes en aquella antigua ciudad en los expresados siglos (A Coruña: Imp. de José Míguez Peinó, 1888) El Cerco de La Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita: apuntes y documentos (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1889) Homenaje a La Coruña: memoria sobre erigir un monumento en esta capital a la heroína Mayor Fernández da Camara Pita (A Coruña: 1891) Los nombres de La Coruña (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1899) Antigüallas de Galicia: apuntes acerca del origen e historia del artículo definido gallego-portugués (A Coruña: RAG, Imprenta Ferrer, 1907) Fragmento de un nuevo códice gallego de Las Partidas (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1910) Documentos Gallegos de los Siglos XIII al XVI (A Coruña: Imprenta da Casa de Misericordia, 1911) El Modio de Puente Punide (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1913) Documentos gallegos del archivo municipal de La Coruña (A Coruña: Litografía e imprenta Roel, 1915) De la Guerra de Independencia en Galicia (Centro Galego de Buenos Aires. Ediciones Galicia, 1953)

Edicións En 1893 prologou e reeditou as Proezas de Galicia (1810) de Xosé Fernández Neira, engadindo ilustracións de Román Navarro e Urbano González.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Biblioteca Gallega

Categoría:Presidentes da Real Academia Galega Categoría:Cronistas oficiais da Coruña Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Nados en Astorga Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Académicos correspondentes da Real Academia Española Categoría:Editores de Galicia Categoría:Finados por doenza