Samuel Obeng Gyabaa, nado en Nspaor (Rexión de Brong-Ahafo, Ghana) o 15 de maio de 1997, é un futbolista ghanés que xoga como dianteiro no Albacete Balompié, da Segunda División.

Traxectoria Nacido en Nsapor, rexión ghanesa de Brong-Ahafo, instalouse con dez anos no concello barcelonés de Gurb. Xogou ao fútbol no propio Gurb e máis tarde nas canteiras do Manlleu e do Getafe.

Tras xogar no Girona B, o Granollers e o Calahorra, fichou en marzo de 2019 polo Oviedo Vetusta. O 18 de agosto de 2019 debutou co primeiro equipo do Oviedo na Segunda División, substituíndo a Edu Cortina nun partido ante o Deportivo da Coruña en Riazor.

Militou no Oviedo ata xaneiro de 2023, cando foi cedido ao Huesca, xogando no club aragonés durante un ano e medio. Posteriormente pasou polas filas do Casa Pia, o Wydad Casablanca e o Ceuta, antes de ingresar no Albacete en xaneiro de 2026.

Notas

Categoría:Nados en Ghana Categoría:Nados en 1997 Categoría:Futbolistas de Ghana Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Wydad de Casablanca Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Real Oviedo B Categoría:Xogadores do CD Calahorra