Big Maple Leaf "1 000 000 Dollars - Elizabeth II Maple Leaf". Numista.comA/: Busto de Isabel II cara á dereita. Lenda: 1 MILLION DOLLARS / 2007 / 1 MILLION DE DOLLARS / ELIZABETH IIR/: Tres follas de pradairo. Lendas: CANADA / 99999 / FINE GOLD 100 KG OR PUR / 99999 Valor: un millón de dólares Gravadores: Stanley Witten e Susanna Blunt. Data: 2007. Ceca: Real Casa da Moeda do Canadá. Exemplares: 5. Aliaxe: ouro (999 milésimas). Diámetro: 530 mm. Peso: 100 kg. Espesor: 30 mm Canto: estriado.

A Big Maple Leaf (en galego: "gran folla de pradairo") é unha moeda de ouro de investimento co valor facial dun millón de dólares canadenses e cun peso de 100 quilogramos. A Real Casa da Moeda do Canadá cuñou en 2007 cinco exemplares desta moeda, o primeiro dos cales quedou depositado nas súas instalacións.

A Big Maple Leaf foi recoñecida polo Libro Guinness dos Récords en 2007 non só pola súa pureza inigualable, de ouro do 99,999 por cento, senón tamén pola súa condición de moeda de ouro de maior tamaño e peso do mundo."Largest maple leaf". Guinnessworldrecords.com"Giant gold coin trial opens in Berlin". BBC. 10 de xaneiro de 2019. Este último récord mantívose vixente ata 2011, cando foi superada pola Australian Gold Nugget ("pebida de ouro australiana"), cun peso dunha tonelada."Largest coin". Guinnessworldrecords.esGolino, L. (2019). "The two largest gold coins ever minted". Govmint.com. 4 de agosto.

EN 2017, un espécime desta moeda, valorado naquel momento en aproximadamente 4 millóns de dólares estadounidenses, foi roubado nun museo de Berlín.O'Sullivan, D. (2017). "200-lb gold coin worth estimated $4 million is stolen from German museum". En CNN World. 28 de marzo.

En setembro de 2025, o valor no mercado do ouro do Big Maple Leaf acadou os 13 millóns de dólares estadounidenses."Gold". Trading Economics (Tradingeconomics.com).

Caracterización

A Big Maple Leaf ten un espesor de 30 milímetros, un diámetro de 50 centímetros e un peso de 3.215 onzas troy, e está cuñada en ouro cunha pureza de 999,99 milésimas. As súas dimensións esixiron que a súa cuñaxe se producise mediante un sistema de presión deseñado ad hoc, para soportar o inmenso peso e garantir unha cuñaxe impecable, o que marcou un fito na industria da moeda."Million dollar coin". Royal Canadian Mint (Online.kitco.com).

No seu anverso amosa un busto da raíña Isabel II tal e como aparece na moeda canadense circulante a partir de 2003,"Susanna Blunt". Numista.com cando o deseño de Susanna Blunt se convertera na terceira versión da efixie da raíña representada na moeda canadense. O deseño de Blunt pretendía amosar a raíña "nunha dignidade madura", sen tiara nin coroa."The rarest gold coins: 2007 Big Maple Leaf". Silverbullion.com.sg. 12 de agosto de 2021

Pola súa banda, o deseño do reverso representa a folla de pradairo como símbolo do país, estilizada polo artista e gravador xefe da ceca real canadense, Stanley Witten.

Roubo dun exemplar No amencer do 27 de marzo de 2017, o exemplar do Big Maple Leaf que se albergaba no Gabinete Numismático de Berlín, sito no Museo Bode, foi obxecto dun soado roubo."Thieves nab 221-pound gold coin from German museum". USA Today News. 28 de marzo de 2017."Massive $1M gold coin from Canadian Mint stolen in Berlin". En CBC.ca.27 de marzo de 2017. Este gabinete é coñecido pola súa amplísima colección de moedas, composta por máis de 500.000 pezas,"Giant gold coin trial opens in Berlin". BBC. 10 de xaneiro de 2019. aínda que só ten en exposición unha pequena parte da colección. A moeda roubada fora prestada ao Museo Bode en 2010 polo seu propietario privado, Boris Fuchsmann,"Düsseldorfer will vier Millionen für Goldmünze aus dem Bode-Museum". En Westdeutsche Zeitung. 21 de febreiro de 2020. e estivo exposta alí ata o momento do roubo."Berlin police make arrests over gold coin theft". En DW.com. 12 de xullo de 2017.

En xullo de 2017, a policía levou a cabo redadas e producíronse detencións en relación co roubo. Os sospeitosos pertencían a un clan familiar do Líbano coñecido pola súa dedicación ao crime organizado. A policía de Berlín supón que a moeda foi danada durante o roubo cando caeu das vías do tren á rúa.

En xaneiro de 2019, comezou un xuízo contra catro sospeitosos. Dous irmáns, Ahmed e Wayci Remmo, e o seu curmán Wissam Remmo, pertencían a unha familia criminal de Berlín de orixe libanesa coñecida pola policía local como o Clan Remmo."The Canadian “Big Maple Leaf” Heist: Are Your Assumptions Hurting Security?". CTC International Group (ctcintl.com). A cuarta persoa, Denis W., era un amigo da infancia dos Remmo e empregado do Museo Bode. Denis foi declarado culpable de informar os demais sobre os protocolos de seguridade do museo. O xuízo rematou en febreiro de 2020 coa condena de Ahmed e Wissam a catro anos e medio, e a de Denis a tres anos e catro meses. O cuarto acusado, Wayci Remmo, foi absolto por falta de probas concluíntes."The Bumbling Thieves Who Stole an Enormous $4.3 Million Gold Coin From a Berlin Museum—and Probably Melted It Down— Are Heading to Prison". News.artnet.com O xuíz ordenou a confiscación de 3,4 millóns de euros aos acusados.Ramm, W. (2020). "Urteil im Berliner Goldmünzenprozess. Der Coup ihres Lebens". Spiegel.de. 20 de febreiro.

O seguro de Fuchsmann pagou inicialmente só o 20 % do valor da moeda, argumentando que a responsabilidade da perda era do museo por neglixencia. Logo dunha demanda, ordenouse á compañía de seguros que pagase o 50 % do valor."2,1 Millionen Euro Entschädigung für gestohlene Goldmünze". En Süddeutsche Zeitung. 21 de maio de 2021.

No entanto, a moeda non foi recuperada e o seu paradoiro segue a ser descoñecido. Os investigadores non esperan recuperala, xa que atoparon po de ouro de gran pureza que coincide co da Big Maple Leaf en roupa e nun automóbil incautados, polo que sospeitan que os ladróns puideron fundir a moeda e vender o seu ouro.Oltermann, P. (2017). "German police make arrests over €4m gold coin heist". En The Guardian. 12 de xullo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Dólar canadense Real Casa da Moeda do Canadá

Categoría:Moedas do Canadá Categoría:Moedas de ouro