Axente oculto (en ) é un filme británico de 2022 dirixido por Adam Patterson e Declan Lawn, no seu debut como directores, e escrito por eles mesmos xunto con Michael Bronner. Baséase nun artigo non publicado, "Chasing Agent Freegard", escrito por Michael Bronner. Está protagonizado por James Norton que interpreta a Robert Hendy-Freegard, un estafador que enganou e convenceu a varias persoas de que era un axente do MI5. Gemma Arterton interpreta á persoa que o descubriu, e o resto do elenco está composto por Shazad Latif, Marisa Abela, Edwina Findley e Julian Barratt.

Estreouse no Reino Unido o 27 de xullo de 2022 a través de Netflix. Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.

Personaxes James Norton como Robert Freegard Gemma Arterton como Alice Archer Marisa Abela como Sophie Jones Sarah Goldberg como Jenny Jackson Shazad Latif como Sonny Chandra Jimmy Akingbola como Andrew Freya Mavor como Mae Hansen Edwina Findley como Axente especial Sandy Harland Julian Barratt como Phil

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de IFC Films Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego