Yunhai é unha familia de satélites meteorolóxicos da República Popular da China agrupados en diferentes series e capacidades.
Características Os satélites Yunhai teñen en común ser satélites meteorolóxicos ao servizo de China e lanzados á órbita baixa terrestre, aínda que con diferentes sensores e capacidades.
Yunhai-1 01, 02, 03 e 04 Os Yunhai-1 son satélites construídos por SAST (Shanghai Academy of Spaceflight Technology) e usados para facer observacións da atmosfera, os océanos e a contorna espacial, previr e mitigar desastres e facer experimentos científicos. Lanzáronse catro Yunhai-1 entre 2016 e 2024 mediante foguetes CZ-2D, con Yunhai-1 2 sufrindo un accidente que o destruiu en marzo de 2021.
Yunhai-2 01, 02, 03, 04, 05 e 06 Os Yunhai-2 tamén son construídos por SAST e teñen a capacidade de facer medicións de ocultación de radio do sinal GPS para obter datos atmosféricos co fin de facer predicións meteorolóxicas e investigar a ionosfera, o clima e a gravidade. O primeiro grupo de seis foi lanzado a bordo do mesmo foguete CZ-2D o 29 de decembro de 2018, mentres que o segundo grupo foi lanzado o 21 de marzo de 2024.
Yunhai-3 01 O Yunhai-3 01 foi lanzado o 11 de novembro de 2022 mediante un foguete CZ-6A. Está adicado a facer observacións atmosféricas, océanicas e espacias para facer prevención e mitigación de desastres naturais, así como facer algúns experimentos científicos.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasYunhai-1 0111 de novembro de 2016CZ-2DÉxitoYunhai-2 0129 de decembro de 2018CZ-2DÉxitoYunhai-2 0229 de decembro de 2018CZ-2DÉxitoYunhai-2 0329 de decembro de 2018CZ-2DÉxitoYunhai-2 0429 de decembro de 2018CZ-2DÉxitoYunhai-2 0529 de decembro de 2018CZ-2DÉxitoYunhai-2 0629 de decembro de 2018CZ-2DÉxitoYunhai-1 0225 de setembro de 2019CZ-2DÉxitoYunhai-1 0320 de setembro de 2022CZ-2DÉxitoYunhai-1 0415 de outubro de 2022CZ-2DÉxitoYunhai-3 0111 de novembro de 2022CZ-6AÉxitoYunhai-2 0721 de marzo de 2024CZ-2DÉxitoYunhai-2 0821 de marzo de 2024CZ-2DÉxitoYunhai-2 0921 de marzo de 2024CZ-2DÉxitoYunhai-2 1021 de marzo de 2024CZ-2DÉxitoYunhai-2 1121 de marzo de 2024CZ-2DÉxitoYunhai-2 1221 de marzo de 2024CZ-2DÉxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos CZ-2D CZ-6A
Categoría:Satélites artificiais