Motorcade of Generosity é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Cake, publicado o 7 de febreiro de 1994 a través do selo Capricorn Records. Foi gravado no estudio Pus Cavern en Sacramento, California.

Segundo a crítica de Pitchfork Madison Bloom, Motorcade of Geneoristy é un álbum lo-fi con cancións "cálidas e próximas" que se inspiran en diferentes estilos musicais, como o honky-tonk e a ranchera, e comparou o seu estilo con "notas que baixan por unha escaleira cara a unha taberna subterránea, onde unha banda de cantina toca con pintas que tintinean". O crítico musical Daryl Cater considerouno un exemplo de "quirk-rock" funky e orientado á guitarra, lembrando ás 'xam session' cheas de cambios de xénero de Phish.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Cake Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums de Capricorn Records