Pedro Alejandro Zalaya Galardón, máis coñecido como Álex Zalaya, nado en Zaragoza o 29 de abril de 1998, é un futbolista aragonés que xoga na posición de defensa. O seu equipo actual é o Racing de Ferrol da Primeira Federación.
Traxectoria Zalaya formouse nas categorías inferiores do Real Zaragoza.O 28 de agosto de 2016 debutou co Deportivo Aragón como titular nun partido de Terceira División contra o CD Belchite 97. A súa estrea profesional co primeiro equipo tivo lugar o 7 de setembro de 2016, cando foi substituto de Jorge Campo nun encontro da Copa do Rei 2016/17 perante o Real Valladolid.
Durante a tempada 2016/17, Álex Zalaya contribuíu ao ascenso do filial aragonés á Segunda División B. O 6 de xuño de 2017 foi promovido definitivamente ao primeiro equipo. O 31 de xullo de 2018 anunciouse a fichaxe de Zalaya polo Sporting Atlético, tamén na terceira categoría. En xaneiro de 2021 debutou como xogador titular do Sporting de Gijón nunha vitoria perante a Sociedad Deportiva Amorebieta na segunda rolda da Copa do Rei.
O 17 de agosto de 2021 fíxose oficial un novo contrato de Zalaya coa Unió Esportiva Cornellà da Primeira División RFEF. O 1 de setembro de 2022 incorporouse a un equipo filial da mesma categoría, o Barcelona Atlètic. Tras unha tempada no club catalán, Zalaya asinou polo Real Murcia no verán de 2023.
Zalaya fichou polo Ourense Club de Fútbol en agosto de 2024. O 24 de xuño de 2025 pasou a formar parte do Racing de Ferrol.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Álex Zalaya en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Ourense CF Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol