Gaio Fabio Píctor (en ) foi un pintor romano da gens Fabia. Recibiu o agnomen Pictor ("pintor"), que pasou como alcume aos seus descendentes, os Fabii Pictores.
Traxectoria Decorou o templo de Salus con pinturas por orde do ditador Gaio Xunio Bubulco Bruto cando era censor no ano -307. Bubulco Bruto dedicara o templo durante a súa ditadura no ano -302.
As pinturas dos muros do templo probabelmente representaban a batalla gañada por Bubulco Bruto contra os samnitas. Esta é a pintura romana máis antiga da que hai constancia. O templo ardeu durante o reinado de Claudio, e Dionisio de Halicarnaso eloxia a gran corrección do debuxo, a graza das cores e a ausencia de toda afectación.
Notas
categoría:Nados no século -IV Categoría:Gens Fabia