miniatura|350px|A avenida de Gasteiz en Vitoria é un exemplo de rúa completa, que inclúe beirarrúas arboradas, mobiliario amable, fontes públicas de auga potable, vía ciclista, tranvía e calzada. En urbanismo e mobilidade, o concepto de rúa completa refírese ao deseño dunha vía urbana que permite desprazamentos accesibles, seguros, cómodos e directos para todos os posibles usuarios, independentemente da súa capacidade, idade ou medio de transporte.
O concepto utilízase para as grandes avenidas e rúas, as cales deberían incluír, ademais da calzada, beirarrúas para peóns con árbores, bancos e pasos de peóns a certa distancia, vías ciclistas seguras e interconectadas para ciclistas e carrís bus ou liñas de tranvía exclusivos para que o transporte público sexa eficiente ao evitar os atascos do transporte privado.
O concepto de rúa completa é complementario ao de rúa residencial e rúa peonil para rúas máis estreitas, onde a prioridade é do peón e non existe unha diferenciación de áreas para cada usuario.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Urbanismo táctico Vitalidade urbana
Categoría:Rúas Categoría:Urbanismo Categoría:Infraestrutura ciclista