Unha caixa de xiro indirecto é unha área sinalizada nun cruzamento que permite ás persoas que circulan en bicicleta efectuar un cambio de dirección —habitualmente un xiro á esquerda— mediante unha manobra en dous tempos.
A persoa ciclista accede primeiro a unha zona de espera especificamente sinalizada dentro do cruzamento, onde se detén orientada cara ao novo sentido de circulación. O cruzamento realízase posteriormente, permitindo ter visibilidade na intersección e evitando situarse xunto a vehículos en movemento.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Intersección ciclista Ciclabilidade Ciclorrúa Ciclocarril Carril bici bus Plataforma avanzada de espera Vía ciclista Idaho stop Xiro ciclista á dereita
Categoría:Rúas Categoría:Infraestrutura ciclista Categoría:Urbanismo