Unha estrada 2 menos 1 é unha estrada cunha calzada dividida nun único carril central para o tráfico motorizado en ambos os sentidos, rodeado de dous carrís laterais unidireccionais máis estreitos, destinados preferentemente a ciclistas e peóns.
Cando dous vehículos se cruzan, cada un invade parcialmente o carril lateral da súa dereita, cedendo prioridade a usuarios vulnerables se os houbese.
Este modelo serve para reducir a velocidade media de circulación mediante un deseño que fomenta a condución atenta e compartida, aumentando a convivencia entre automóbiles e modos de transporte activos sen necesidade de ampliar a infraestrutura.
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos Ciclabilidade Ciclorrúa Ciclocarril Carril bici a contramán Beiravía bici Vía ciclista
Bibliografía
Categoría:Estradas Categoría:Infraestrutura ciclista Categoría:Urbanismo