Saúl Rodríguez Maroñas, nado en Santa Comba o 11 de marzo de 2008, e máis coñecido coma Lg1do, é un cantante galego de música urbana, trap e reguetón.
Traxectoria Lg1do comezou a súa traxectoria musical de xeito afeccionado, creando temas e diferentes programas de composición en SoundCloud co seu teléfono móbil. As súas primeiras composicións datan do ano 2021, sendo pequenas pezas de trap e bases de música que subía, en castelán, a plataformas como YouTube.
Segundo o artista, as súas influencias musicais eran Drake, C Marí e o muradés 9Louro.
A finais do ano 2025, Lg1do lanzou os seus dous primeiros sinxelos: Frente a frente e Calm Down. En 2026, en colaboración co artista vigués Guzmen, publicou o tema Darche, que, en febreiro dese ano, chegou ao Top 50 da lista de éxitos virais de Spotify. No mesmo ano participou no festival Ulla Fest, no concello de Touro.
Vida persoal En 2026, Lg1do estuda bacharelato no IES Terra de Xallas, de Santa Comba. Tamén é xogador de fútbol no Xallas FC.
Discografía EPs Frente a frente Calm Down Darche (2026), con Guzmen.
Notas
Véxase tamén Outros artigos 9Louro
Ligazóns externas Lg1do, el artista que se abre paso cantando en gallego Entrevista en Soundcoast.
Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Nados en 2008 Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Cantantes de Galicia