Jorge María Martínez García, nao en Avilés o 1 de maio de 1955 e finado en Oviedo o 9 de decembro de 2025, máis coñecido como Jorge Ilegal, foi un músico, compositor e cantante español, líder do grupo de rock Ilegales, considerada unha das bandas máis influentes do rock español. Traxectoria Formou parte da banda de rock Madson, formada nos anos 1970, na que tamén tocaba o seu irmán Juan Martínez. Despoi estivo no grupo Los Metálicos. En 1982 fundou o grupo de rock Ilegales, polo que se lle coñeceu como Jorge Ilegal, e co que lanzou máis dunha decena de discos e actuou en todo o mundo. En 1985 Martínez converteuse en produtor coa discográfica Discóbolo Records, baixo a que produciu traballos de Ilegales como Todos están muertos.

En 2011, logo da disolución de Ilegales, Martínez fundou o grupo Jorge Ilegal y los Magníficos, co que interpretou outros estilos musicais como boleros, joropos, chachachá, tangos, guarachas, baladas e twist, seguindo a esencia das orquestras dos anos 40 e 50 do século XX.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ilegales

Categoría:Músicos Categoría:Compositores Categoría:Nados en Avilés Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2025