Lander Astiazaran Escabias, nado en Donostia o 7 de abril de 2006, é un futbolista vasco que xoga de extremo na Real Sociedad B, da Segunda División.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Ostadar Saiarre, antes de ingresar en 2018 na canteira da Real Sociedad. Despois de xogar no equipo C, na tempada 2024/25 empezou a xogar coa Real Sociedad B na Segunda División, categoría na que debutou o 17 de agosto de 2025, substituíndo a Gorka Gorosabel nunha vitoria por 1-0 na casa contra o Real Zaragoza.

Notas

Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B