Unha rede ciclista é o conxunto de vías ciclistas interconectadas dun territorio. Está composta por todas aquelas vías adaptadas á circulación de ciclistas, así como por todos aqueles equipamentos accesorios que permiten que o uso da bicicleta sexa funcional, como aparcadoiros, postos de reparación ou sistemas de bicicletas compartidas.
Entre os obxectivos das redes ciclistas está permitir os desprazamentos cotiáns, fomentar o cicloturismo, promover a saúde pública, aumentar a seguridade viaria, reducir a contaminación e o ruído ou mellorar a fluidez do tráfico.
A planificación dunha rede ciclista debe basearse en criterios de seguridade, conectividade e linealidade. Isto implica que as distintas vías deben ofrecer a máxima seguridade aos ciclistas de calquera idade, xénero ou nivel de experiencia, idealmente a través de vías ciclistas segregadas.
Estas vías ciclistas deben estar interconectadas entre si e deben permitir chegar a puntos clave como centros educativos, zonas comerciais, estacións de transporte público ou áreas residenciais, cubrindo o máximo territorio posible.
Por último, as bicicletas están impulsadas polo propio exercicio físico, polo que os desprazamentos deben ser o máis directos posibles e evitando grandes pendentes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ciclabilidade
Categoría:Infraestrutura ciclista