Chinas é un filme dramático español de 2023 escrito, producido e dirixido por Arantxa Echevarría. Está protagonizado por Daniela Shiman Yang, Ella Qiu, Xinyi Ye e Yeju Ji. Estreouse nos cinemas españois o 6 de outubro de 2023.
A longametraxe aborda diferentes perspectivas xeneracionais, a dureza da migración chinesa en España e os conflitos aos que se enfrontan as protagonistas.
Sinopse Nun colexio coinciden ao comezo de curso dúas nenas chinesas de 9 anos. Todo o mundo dá por feito que se farán amigas, pero nada as une. Lucía é filla de inmigrantes, séntese española e só pensa en integrarse co resto das súas amigas do colexio. Desexaría ter uns pais “normais” como o resto das súas amigas, pero os seus avergóñana porque non falan castelán, traballan máis de 14 horas no bazar e nin sequera lle permiten celebrar os seus aniversarios no Burger King. A outra nena é Xiang. É adoptada e co seu rostro delata alá onde vai que non é filla biolóxica dos seus pais. Xiang nin se sente chinesa nin aceptada ante os demais nenos no colexio. As dúas nenas acabarán sendo vitais a unha para a outra na procura da súa identidade.
Personaxes Daniela Shiman Yang (acredita como Shiman Yang) como Lucía Ella Qiu como Xiang, compañeira de clase de Lucía Xinyi Ye como Claudia, irmá máis vella de Lucía Yeju Ji como Shul, nai de Lucía Valeria Fernández como Susana, mellor amiga de Lucía Julio Hu Chen como Wang, amigo e pretendente de Claudia Qingfei Zhu como Feng, pai de Lucía Leonor Watling como Sol, nai adoptiva de Xiang Carolina Yuste como Amaya, amiga e clienta habitual do bazar Pablo Molinero como Julián, pai adoptivo de Xiang
Estrea Chinas proxectouse por vez primeira fóra de competición no Festival Internacional de Cinema de Donostia de 2023. Máis tarde fixo o seu debut nos cinemas o 6 de outubro de 2023.
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Arantxa Echevarría Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Madrid