Sergio Tejera Rodríguez, nado en Barcelona o 28 de maio de 1990, é un futbolista catalán que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Racing de Ferrol da Primeira Federación.
Traxectoria en clubs Primeiro anos Tras iniciar a súa formación no Club de Fútbol Damm, con 10 anos Tejera ingresou nas categorías inferiores do RCD Espanyol. En 2006 foi identificado polo Frank Arnesen, observador técnico do Chelsea FC, durante un partido da selección española sub-15. En marzo dese ano foi fichado polo club inglés e contribuíu con 22 partidos e un gol no equipo filial, o Chelsea F.C. Development Squad and Academy.
RCD Mallorca En xaneiro de 2009 Tejera foi cedido ao RCD Mallorca. O club balear activou a opción de compra de Tejera o 24 de xullo dese ano e fichouno cun contrato de catro anos. Nas seguintes tempadas xogou principalmente no RCD Mallorca B da Segunda División B. O debut de Tejera na Primeira División tivo lugar o 7 de novembro de 2010, cando foi substituto de Jonathan de Guzmán nun partido do Mallorca contra o Real Zaragoza.
RCD Espanyol Tejera regresou ao Espanyol no verán de 2014, cando participou nunha operación de intercambio polo xogador Javi Márquez. Tejera anotou o seu primeiro gol profesional na Primeira División o 2 de setembro de 2014, cando anotou o segundo tanto nunha derrota do Espanyol por 3-2 ante o Levante Unión Deportiva.
Cesión ao Alavés O 29 de xaneiro de 2014, sen ter xogado no Espanyol durante a tempada 2013/14, Tejera foi cedido ao Deportivo Alavés até xuño de 2014. O 4 de agosto dese ano renovou o contrato temporal por outro ano.
Tarragona e Oviedo O 8 de xullo de 2015 finalizou a súa vinculación co Espanyol e fichou polo Gimnàstic de Tarragona. O 11 de xuño de 2018 asinou un contrato de dous anos co Real Oviedo da Segunda División.
Cartagena O 2 de xullo de 2021, xa como axente libre, Tejera asinou un contrato de dous anos co Fútbol Club Cartagena da Segunda División.
Etapa en Chipre En xaneiro de 2023 pasou a formar parte do Anorthosis Famagusta FC da Primeira División de Chipre. O 24 de maio de 2024 fichou por outro equipo da máxima categoría chipriota, o APOEL FC.
Racing de Ferrol En setembro de 2025 anunciouse a fichaxe de Tejera polo Racing de Ferrol da Primeira Federación.
Traxectoria internacional Tejera foi internacional coa selección de fútbol sub-15 de España e coa selección sub-17. Co conxunto sub-17 participou na Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 2007 e alcanzou a final do torneo.
Tejera tamén foi internacional coa selección de fútbol de Cataluña. O seu debut tivo lugar no Estadi Cornellà-El Prat o 3 de xaneiro de 2013, cando participou nun partido de Cataluña contra Nixeria que finalizou cun empate 1-1.
Palmarés España sub-17 Copa Mundial de Fútbol Sub-17 (subcampionato): 2007
APOEL Supercopa de Chipre: 2024
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sergio Tejera en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Anorthosis Famagusta FC Categoría:Xogadores do APOEL FC Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña