Zoilos de Anfípolis ( ; ) foi un gramático grego natural de Anfípolis en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol. III. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1330.. Traxectoria Pode que vivise na época de Tolomeo II Filadelfo. Vitruvio di que foi a Alexandría buscando o patrocinio do rei, pero non foi ben tratado, xa que Tolomeo non estaba de acordo coa opinión de Zoilo sobre os poemas de Homero; esta versión é probabelmente errónea e viviu algo antes, na época de Demóstenes, a mediados do século -IV. Algúns relatos din que morreu violentamente. Heráclito Póntico di que era de orixe tracia e escravo. Claudio Eliano faino discípulo de Polícrates de Atenas. Chamábano Látego de Homero e Can retórico). Non se conserva ningunha das súas obras, pero coñecemos os seguintes títulos: Sobre Anfípolis (tres libros). Historia desde o nacemento dos deuses ata a morte de Filipo. Contra Isócrates o rétor. Sobre a poesía de Homero (nove libros). Censura de Homero. Contra Platón. Encomio dos de Ténedos. Unha obra sobre as figuras do discurso. Notas
Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -IV Categoría:Personalidades de Anfípolis na Antigüidade Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Gramáticos