Despertar das amantes é unha obra de poesía en lingua galega de María Xosé Queizán, publicada pola editorial Espiral Maior na súa colección de Poesía en 1993, e que funciona literariamente como continuación do poemario Metáfora da Metáfora (Espiral Maior de Poesía, 1991). Sinopse Despertar das amantes é un poemario de amor entre mulleres "comprometido coa causa feminista, no que desenvolve unha reflexión sobre o poder da palabra e tenta construír un eu lírico feminino a partir da rebelión e da ruptura coas formas e valores establecidos polo home", descubrindo a través do diálogo das amantes unha concepción amorosa horizontal feminina e liberadora, un canto a un "amor luminoso" e "vitalista", "entre almas e corpos iguais").
A obra está estruturada en tres partes diferenciadas ("Despertar das amantes", "Escrita" e "Tempo"), que representan tres motivos literarios: o amor, a palabra poética ou metáfora e o tempo.
Notas
Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Literatura LGBT Categoría:Obras literarias de 1993