Paul Bryan Hollis, nado en Mandeville, Metairie, Luisiana, o 1 de setembro de 1972, é un político e empresario estadounidense que ocupa o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos desde xaneiro de 2026.

Traxectoria Primeiros anos e formación Paul Hollis naceu o 1 de setembro de 1972 na vila de Mandeville, parroquia de Jefferson,Smith, P. (2025). sendo o terceiro fillo do senador estatal de Luisiana Ken Hollis e a súa esposa, Judy."Paul Hollis to Announce Candidacy – Louisiana Coin Dealer Running for U.S. Senate". CoinNews.net. 6 de maio de 2008."Paul Hollis' Biography". Votesmart.org

Cursou o seu ensino secundario no instituto Grace King de Metairie, onde se graduou en 1990, e logo cursou Ciencias Políticas na Universidade Estatal de Luisiana, onde acadou a súa graduación en 1994.Unser, M. (2026). "Paul Hollis Officially Assumes Role as 41st Director of the U.S. Mint". CoinNews.net. 7 de xaneiro.

Comerciante numismático Hollis comezou a coleccionar moedas en 1978, aos seis anos, e logo comezou a dedicarse ao comercio numismático,"Trump Picks Louisiana’s Paul Hollis for U.S. Mint Director". CoinNews.net. 18 de xullo de 2025. como vendedor na empresa Blanchard and Company, de Nova Orleáns, na que traballou ata 2001. Dous anos máis tarde, en 2003, estableceu a súa propia copmpañía en Mandeville, a Paul Hollis Rare Coins, especializada en moedas raras dos Estados Unidos e en moedas antigas da época de Xesucristo. No inverno de 2004, Hollis uniuse á compañía Odyssey Marine Exploration para recuperar moedas do SS Republic (1853)."Paul Bryan Hollis: un collezionista e commerciante a capo della Zecca USA". En Cronaca Numismatica. 24 de novembro de 2025.

En 2008, Hollis foi un dos promotores da exposición dun espécime da moeda de 10 dólares de 1844 cuñada na ceca de Nova Orleáns —unha rarísima peza valorada en 2,5 millóns de dólares—, que tivo lugar nas instalacións desa antiga póla da Casa da Moeda dos Estados Unidos, ocupadas agora polo Museo Estatal de Luisiana."Paul Hollis Brings $2.5 Million 1844-O Proof $10 "Home"". CoinNews.net. 12 de outubro de 2008."Paul Hollis Brings $2.5 Million 1844-O Proof $10 “Home”". CoinLink.com. 12 de outubro de 2008.

Como numismático, Hollis publicou en 2011 un libro, titulado American Numismatist,Hollis, P. (2011). American Numismatist. PBH Publishing. ISBN 978-0578059235 no que repasa a historia dos Estados Unidos a través das súas moedas.Recensión do libro. En The E-Sylum. 11 de decembro de 2011. Este libro está editado pola American Numismatic Association, da que é membro vitalicio e en cuxos seminarios educativos participa adoito como profesor. Ademais, Hollis foi membro dos consellos de administración de varias entidades relacionadas coa numismática, como o Industry Council for Tangible Assets ou o Numismatic Litrary Guild."Paul Hollis. Director". United States Mint (Usmint.gov).

Política e función pública Hollis foi candidato ao Senado dos Estados Unidos en 2008 polo Partido Republicano, aínda que sen éxito. Na súa candidatura figuraban tamén outros numismáticos relevantes, como John Albanese ou Jeff Garrett. En novembro de 2011, resultou elixido para a Cámara de Representantes de Luisiana. Durante o seu primeiro ano no cargo, formou parte do grupo de traballo do Bicentenario de Luisiana. Ao longo desa lexislatura encadrouse nas comisións de Comercio, Educación e Xubilacións.

En maio de 2017, Hollis logrou que a Cámara de Representantes aprobase o seu proxecto de lei pola que se facilitaba que os votantes puidesen destituír funcionarios públicos mediante a colleita de sinaturas."House passes bill Wednesday to make recall efforts easier". En The Times-Picayune. 10 de maio de 2017. O 8 de xaneiro de 2024, Hollis foi sucedido na Cámara por Jack Gallé.Bolden, B. (2023). "Oct. 14 election: See who won Baton Rouge area seats in Louisiana senate, house". En Louisiana First News. 15 de outubro.Roberts, F. (2023). "Who will fill Paul Hollis' state House 104 District seat on the northshore? The results are in. En The Times-Picayune / The New Orleans Advocate. 14 de outubro.

Desde 2004 é membro do Consello Estatal de Educación Primaria e Secundaria de Luisiana, polo distrito 1.

O 16 de xullo de 2025, o presidente Donald Trump nomeouno como director da Casa da Moeda dos Estados Unidos;Giedroyc, R. (2025). "A Numismatist in the Director’s Chair". En Numismatic News. 25 de xullo. o 18 de decembro dese mesmo ano foi confirmado polo Senado dos Estados Unidos,Unser, M. (2025). "Senate Confirms Paul Hollis as 41st U.S. Mint Director". CoinNews.net. 19 de decembro. e o 5 de xaneiro de 2026 tomou posesión do cargo.

Vida persoal Paul Hollis casou con Ashley Taslet, con quen tivo unha filla en 2003, chamada Bree, e un fillo en 2013, chamado Zachary.

No ámbito relixioso, Hollis pertence á Igrexa Metodista Unida de San Timoteo.

Notas

Véxase tamén

Bivbliografía

Smith, P. (2025). "Hollis, Paul Bryan". En American Numismatic Biographies. Páxina 214.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

Sitio web de Paul Hollis

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados na parroquia de Jefferson, Luisiana Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Luisiana