Mr. Nobody Against Putin é un filme documental de 2025 dirixido por David Borenstein e Pavel Talankin. Segue a Talankin no seu traballo nunha escola en Karabash, unha pobre cidade mineira preto dos Montes Urais. Mentres grava os seus estudantes, Talankin tamén documenta os movementos do goberno de Putin para controlar a percepción pública durante a guerra ruso-ucraína en curso.

Estreouse mundialmente na sección World Cinema Documentary do Festival de Cinema de Sundance de 2025 o 25 de xaneiro, onde gañou o Premio Especial do Xurado. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes da República Checa Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Óscar ó mellor documental