Daniel "Dani" Selma Mercader, nado en L'Eliana o 1 de marzo de 2001, é un futbolista valenciano que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Marbella Fútbol Club da Primeira Federación.

Traxectoria Primeiros anos Selma formouse nas categorías inferiores de varios equipos do País Valenciano, incluíndo o Alboraya Unión Deportiva e o Levante Unión Deportiva. En 2020, tras concluír a súa etapa xuvenil, Selma fichou polo Club Deportivo Acero da Terceira División.

Tenerife O 28 de xullo de 2022 foi fichado polo Club Deportivo Tenerife e foi asignado ao Tenerife B da Terceira División RFEF. O seu debut profesional na Segunda División tivo lugar o 10 de decembro de 2022, cando foi o substituto de Borja Garcés nun empate 2-2 do Tenerife contra o Villarreal B.

Durante a súa etapa no club canario foi cedido en dúas ocasións. O 20 de agosto de 2023 comezou un contrato temporal co San Fernando Club Deportivo da Primeira Federación. O 16 de xaneiro de 2024 foi cedido ao Club Deportivo Alcoyano para xogar o resto da tempada 2023/24.

Amorebieta O 24 de xullo de 2024 pasou a formar parte da Sociedad Deportiva Amorebieta, que viña de descender á Primeira Federación na tempada 2023/24.

Pontevedra O 1 de agosto de 2025 fíxose oficial a chegada de Selma ao Pontevedra Club de Fútbol.

Marbella O 7 de xaneiro de 2026 asinou un contrato co Marbella Fútbol Club até o 30 de xuño dese ano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Dani Selma en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xogadores do CD Tenerife B Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do San Fernando CD Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Marbella FC