miniatura|Cordón literal na baía de Yagorlitsk, en Crimea (Ucraína). Un cordón litoral é un accidente xeográfico costeiro caracterizado por unha franxa de terra ou area en posición avanzada, que adoita illar do mar unha lagoa costeira. Desenvólvese en lugares onde se produce unha reentrada, como nos cabos dunha enseada, mediante o proceso de deriva litoral causada polas correntes litorais. A deriva prodúcese porque as ondas chegan á praia cun ángulo oblicuo, movendo os sedimentos ao longo da praia nun patrón en zigzag. Isto complétase coas correntes litorais, que transportan aínda máis sedimentos a través da auga ao longo da costa. Estas correntes son causadas polas mesmas ondas que provocan a deriva.
Cando o cordón litoral comunica unha illa pequena ao continente, atopámonos diante dun tómbolo.
A diferenza dunha frecha litoral, que se estende perpendicular ao mar (normalmente en forma de frecha ou gancho), o cordón litoral discorre paralelo á costa.V.J. May. Coastal Geomorphology of Great Britain. Capítulo 8: Sand spits and tombolos. School of Conservation Sciences, Bournemouth University, UK.
Cordóns litorais en Galicia miniatura|Lagoa de Louro, en Carnota. A lagoa costeira está separada do mar por unha barreira dunar, un exemplo de cordón litoral. En Galicia existen cordóns litorais en case todas as lagoas costeiras, pois este accidente xeográfico é o que habitualmente divide esta do mar aberto.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lagoa costeira Frecha litoral
Categoría:Xeografía