O luteranismo é a segunda maior relixión de Estonia despois da Igrexa Ortodoxa, sendo practicada polo 13,6% da poboación. A principal denominación luterana do país é a Igrexa Evanxélica Luterana Estoniana, membro da Federación Luterana Mundial.
Historia A Igrexa Evanxélica Luterana Estoniana creouse en 1949, logo de que a xerarquía eclesiástica anterior, a Eesti Evangeeliumi Luteriusu Kirik, liderada polo bispo Johan Kõpp, fuxira a Suecia en 1944. Cando a Unión Soviética invadiu Estonia en 1940, a meirande parte das organizacións cristiás foron disoltas e as súas propiedades confiscadas. Os teólogos foron exiliados a Siberia e prohibíronse os programas de educación relixiosa. A segunda guerra mundial supuxo a devastación de moitos edificios da Igrexa. Non renovaron as súas actividades até 1988, cando aumentou a tolerancia relixiosa na Unión Soviética.
As mulleres podían estudar teoloxía na Universidade de Tartu na década de 1920, e algunhas procuraron ser ordenadas como sacerdotes; porén, non foi até 1967 que Laine Villenthal se converteu na primeira sacerdote do país. En 2014, a Igrexa tiña 169 homes e 43 mulleres exercendo como ministros.
Organización A Igrexa de Estonia é episcopal na súa política. Exercen o seu liderado cinco bispos, incluíndo o arcebispo que serve como primado. O arcebispo ten control total e, baixo a súa autoridade, hai catro xurisdicións, cada unha co seu propio bispo. DioceseCatedralCidadeBispoArquidiocese de TalínCatedral de Santa MaríaTalínUrmas ViilmaDiocese das rexións occidental e setentrionalCatedral de San NicolásHaapsaluTiit SalumäeDiocese da rexión meridionalCatedral de AlexandreTartuJoel LuhametsDiocese estoniana no exteriorCanadá Tras o retiro de Andrés Põder, o actual arcebispo é Urmas Viilma, consagrado o 2 de febreiro de 2015.
Durante a ocupación soviética de Estonia, o arcebispo exiliouse, creando unha Igrexa paralela no exterior. Até 2010, este órgano era independente, co seu propio arcebispo asentado no Canadá. En 2010, as dúas Igrexas uníronse, convertendo a Igrexa Exterior nunha diocese.
Arcebispos
Jakob Kukk (1921-1933) Hugo Bernhard Rahamägi (1934-1939) Johan Kõpp (1939-1944) Jaan Kiivit (1949-1967) Alfred Tooming (1967-1977) Edgar Hark (1978-1986) Kuno Pajula (1987-1994) Jaan Kiivit Jr. (1994-2005) Andres Põder (2005-2014) Urmas Viilma (2015-Presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Igrexa Luterana de Estonia
Categoría:Luteranismo