Alba Tomé Sueiro, tamén coñecida como Alba Tomé, nada en Vilagarcía de Arousa o 19 de decembro de 1996, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria
Fixo o grao en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e o mestrado en Xornalismo Audiovisual na Universidade de Santiago.
Comezou o xornalismo en RTVE, Europa Press e La Voz de Galicia. Traballou nos xornais Público, Luzes e Gciencia. Entre 2021 e 2023 exerceu o xornalismo no Congreso dos Deputados. Tamén traballou de fotógrafa, presentadora e moderadora de palestras e outros eventos. Colaborou no activismo feminista desde a asociación O Soño de Lilith. En 2025 coordinaba a comunicación do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).
Coa súa primeira novela, As humidades, quedou finalista do Premio Illa Nova. En 2025 participou na III Residencia Literaria da Illa de San Simón.
Obras
As humidades (2026). Vigo: Galaxia. 238 páxs. ISBN 978-84-1176-579-4.
Premios e recoñecementos
2018: Premio Egeria polo traballo Cine de autora en Galicia: La figura de la cineasta Manane Rodríguez (1990-2016) 2019: Finalista do premio Contar a Ciencia da Real Academia Galega de Ciencias. 2025: Finalista do Premio Illa Nova de Narrativa.
Notas
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1996 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Novelistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo