miniatura|Os moluscos cefalópodos como este choco poden cambiar de cor rapidamente para sinalizar ou para confundirse co fondo onde viven. A camuflaxe activa, camuflaxe adaptativa ou camaleonización é unha camuflaxe que se adapta, ás veces rapidamente, ao que rodea un obxecto ou corpo, como un animal ou un vehículo militar. En teoría, a camuflaxe activa podería proporcionar unha ocultación perfecta evitando a detección visual.
A camuflaxe activa dáse en varios grupos de animais, como réptiles terrestres e moluscos cefalópodos e peixes planos no mar. Os animais conseguen a súa camuflaxe activa por cambios de cor e, en animais mariños como as luras, por contrailuminación, co uso de bioluminescencia.
A camuflaxe de contrailuminación militar investigouse por primeira vez durante a segunda guerra mundial para uso no mar. Investigacións máis recentes trataron de conseguir a cripse usando cámaras para percibir o fondo visible, e por medio de sistemas de control que poden variar a súa aparencia, como recubrimentos ou paneis infravermellos de temperatura variable que usaban o efecto Peltier.
En animais miniatura|A camuflaxe de contrailuminación da lura Watasenia scintillans usa a bioluminescencia para facer corresponder a coloración do seu corpo co brillo e cor da superficie do mar que está por riba. A camuflaxe activa úsana varios grupos animais, como os cefalópodos peixes, e réptiles. Hai dous mecanismos de camuflaxe activa nos animais: cambio de cor e contrailuminación.
Contrailuminación A contrailuminación é a camuflaxe que utiliza a produción de luz para que se mesture e integre co fondo iluminado. No mar, a luz baixa desde a superficie, así que cando os animais mariños se ven desde abaixo, aparecen máis escuros que o fondo visual (a superficie). Algunhas especies de cefalópodos, como as luras Abralia veranyi e Watasenia scintillans, producen luz en fotóforos das súas partes ventrais para confundirse co fondo visual. A bioluminescencia é común entre os animais mariños, de maneira que a contrailuminación pode estar moi espallada entre eles, aínda que a luz ten tamén outras funcións, incluíndo a atracción de presas e a sinalización.
Cambio de cor miniatura|Estas catro fotos do peixe plano Bothus mancus mostran a súa capacidade de facer corresponder a súa coloración coa do fondo do mar que o rodea e está debaixo.
O cambio de cor permite a camuflaxe en diferentes fondos visuais. Moitos cefalópodos, como os polbos, chocos e luras, e algúns anfibios e réptiles terrestres, como os camaleóns e os anolis poden cambiar de cor e de debuxo rapidamente, aínda que a razón principal para isto é a sinalización e non só a camuflaxe. A camuflaxe activa dos cefalópodos estimulou a investigación militar nos Estados Unidos.
A camuflaxe activa por cambio de cor utilízana moitos peixes planos que viven no fondo, como sollas, linguado, e rodaballos que copian activamente os padróns de cor do fondo do mar sobre o que están. Por exemplo, a solla tropical Bothus ocellatus pode igualar a súa coloración cun "amplo rango de texturas de fondo" en só 2–8 segundos. De xeito similar, o peixe dos arrecifes de coral o blenio Parablennius marmoreus pode facer que a súa coloración imite a do lugar que o rodea.
En investigación A camuflaxe activa proporciona ocultamento ao facer que un obxecto non sexa simplemente similar de maneira xeral ao lugar que o rodea, senón que sexa realmente invisible con "transparencia ilusoria" por medio dun axeitado mimetismo e cambiando a aparencia do obxecto a medida que se producen cambios de cor no seu fondo visual.
Primeiras investigacións miniatura|O prototipo con luces Yehudi eleva a brillantez media dun avión Grumman Avenger da forma escura á mesma do ceo.
O interese militar na camuflaxe activa ten as súas orixes nos estudos sobre contailuminación realizados na segunda guerra mundial. A primeira destas denominadas camuflaxes de iluminación difusa testouse nas corvetas da Mariña canadense, como a HMCS Rimouski. Isto foi seguido polas forzas aéreas dos Estados Unidos co proxecto das luces Yehudi, e os ensaios en barcos da Mariña Real británica e a Mariña dos Estados Unidos. O proxecto das luces Yehudi situaba luces azuis de baixa densidade nos avións. Como os ceos son brillantes, un avión non iluminado (de calquera cor) podería ser visible. Ao emitir unha pequena cantidade medida de luz azul, o brillo medio da aeronave confúndese mellor co do ceo, e o avión pode voar máis preto do seu obxectivo antes de ser detectado.
Tecnoloxías posibles A camuflaxe activa pode agora desenvolverse usando díodos emisores de luz orgánica e outras tecnoloxías, o cal permite que as imaxes se proxectan en superficies de formas irregulares. Usando datos visuais dunha cámara, un obxecto teoricamente podería ser camuflado o suficientemente ben para evitar a detección polo ollo humano e os sensores ópticos cando está estacionario. A camuflaxe queda debilitada polo movemento, pero a camuflaxe activa aínda podería facer que os obxectivos móbiles fosen difíciles de ver. Porén, a camuflaxe activa funciona mellor nunha dirección á vez, e cómpre coñecer as posicións relativas do observador e do obxecto oculto.
miniatura|Un manto de invisibilidade que usa camuflaxe activa de Susumu Tachi. Esquerda: o manto visto sen un aparato especial. Dereita: o mesmo manto visto a través da parte do proxector de medio espello da Tecnoloxía de Proxección Retroreflexiva|alt=Illustration of principle of illusory transparency camouflage
En 2003 os investigadores da Universidade de Tokyo baixo a dirección de Susumu Tachi crearon un prototipo de sistema de camuflaxe activa usando material impregnado con boliñas de cristal retrorreflectivas. O visor sitúase fronte a roupa vendo a roupa a través da placa de cristal transparente. Unha cámara de vídeo detrás da roupa captura o fondo que está detrás da roupa. Un proxector de vídeo proxecta esta imaxe sobre a placa de cristal nun determinado ángulo para que actúe como un espello parcial que reflicte unha pequena porción da luz proxectada na roupa. Os retroreflectores na roupa reflicten a imaxe cara atrás a través da placa de cristal que ao ser só debilmente reflectora permite que a maioría da luz retrorreflectada pase a través para ser vista polo visor. O sistema soamente funciona cando se ve en certo ángulo.
A óptica en fase (phased-array optics) aplicaría unha camuflaxe activa, pero non producindo unha imaxe bidimensional da paisaxe de fondo sobre un obxecto, senón por holografía computacional para producir un holograma tridimensional da paisaxe de fondo sobre un obxecto para ocultalo. A diferenza dunha imaxe bidimensional, a imaxe holográfica aparecería ser a paisaxe actual detrás de obxecto independente da distancia do visor ou ángulo de visión.
Prototipos militares
En 2010 a compañía israelí Eltics creou un prototipo inicial dun sistema de baldosas para a camuflaxe infravermella de vehículos. En 2011, BAE Systems anunciou a súa tecnoloxía de camuflaxe infravermella Adaptiv. Adaptiv usa uns 1000 paneis de Peletier hexagonais para cubrir os lados dun tanque. Os paneis son quentados rapidamente e arrefriados para igualar a temperatura da zona que rodea o vehículo ou un dos obxectos na biblioteca de mantos térmicos, como un camión, coche ou rocha grande.
Na ficción A tecnoloxía de camuflaxe activa, tanto visual coma doutro tipo, é un argumento usado comunmente en historias de ficción científica. A serie de películas de Star Trek incorporou o concepto de manto de invisibilidade, e en Star Trek: Voyager aparecen humanos usando "bio-amortecedores" para infiltrarse nun Cubo dos Borg (unha nave) sen que os antgonistas se decaten que está alí. O antagonista extraterrestre na serie de películas Predator tamén usa a camuflaxe activa. En moitos videoxogos, como os da serie Halo, Deus Ex: Human Revolution, Eidos Montréal (23 August 2011). Deus Ex: Human Revolution (Windows, PlayStation 3, Xbox 360, Wii U, macOS). Square Enix. e a serie Crysis, os xogadores poden obter e usar mantos de invisibilidade. Na película de 2002 de James Bond Die Another Day, o coche de Bond está provisto dun sistema de camuflaxe activa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Manto de invisibilidade Camuflaxe de neve – cambio de cor coas estacións Tecnoloxía sixilosa
Liazóns externas "Multi-perspective background simulation cloaking process and apparatus ", United States Patent & Trademark Office "Scientist show off 'invisible coat'", The Sydney Morning Herald, 30 de marzo de 2003 Phased Array Optics "Thermal and Visual Camouflage System Patent No 6,338,292 ", United States Patent & Trademark Office
Categoría:Camuflaxe militar Categoría:Camuflaxe