Lauri Läänemets, nado en Talín o 31 de xaneiro de 1983, é un político estoniano, membro do Partido Socialdemócrata. Foi ministro do interior en 3 ocasións nos gobernos de Kaja Kallas e Kristen Michal.
Traxectoria En 2007, graduouse en Xestión de Ocio pola Universidade de Talín.
Carreira política De 2008 a 2010 estivo afiliado á Unión Popular Estoniana. Desde 2010, é membro do Partido Socialdemócrata, e de 2011 a 2013, dirixiu as mocidades do partido. No 2013, até o 2017, foi elixido alcalde do concello rural de Väätsa.
Deputado Nas eleccións parlamentarias estonianas de 2019, na XIV lexislatura, Läänemets presentouse a un escano no distrito electoral 8 do Riigikogu (Parlamento). Non recibiu votos suficientes para gañar un mandato, pero meses despois ocupou o escano de Marina Kaljurand como membro suplente, cando Kaljurand deixou o escano por ser elixida para o Parlamento Europeo. Nas eleccións parlamentarias de Estnoia de 2023, revalidou o escano. miniatura|Lauri Läänemets como membro do distrito de Toompea da Liga de Defensa de Estonia na xornada de portas abertas de Riigikogu.
Presidente do Partido No congreso de 2019 do Partido Socialdemócrata celebrado na Sala de Concertos Vanemuine en Tartu, presentouse ao cargo de presidente mais perdeu na segunda volta fronte a Indrek Saar, quen foi elixido con 231 votos, mentres que Lauri Läänemets recibiu 201 votos. No congreso de 2022 celebrado en Talín, na Academia de Música e Teatro de Estonia presentouse de novo ao cargo de presidente e conseguiu 234 votos fronte Riina Sikkut, que quedou en 197.
Ministro Foi ministro do Interior desde o 18 de xullo de 2022 durante o segundo goberno de Kaja Kallas, e o mantivo durante o terceiro goberno. En decembro de 2023, foi protagonista dun feito relevante cando as ventás do seu coche particular foron esnaquizadas por descoñecidos. Trala investigación, as autoridades anunciaron que os sospeitosos formaban parte dunha "operación híbrida" coordinada pola intelixencia rusa para levar a cabo actos de sabotaxe e desestabilización contra o estado estoniano.
En marzo de 2024, Läänemets foi incluído, xunto con outros dirixentes de países da Europa Oriental, na lista de persoas buscadas polo Ministerio do Interior ruso en virtude dun artigo do código penal. As forzas da orde rusas aclararon posteriormente que Läänemets fora incluído na lista de persoas buscadas por mor da destrución de monumentos soviéticos. A seguir, presentouse unha acusación penal semellante contra Kaja Kallas, a primeira ministra de Estonia.
En abril de 2025, tras manter inicialmente o seu posto no primeiro gabinete de Kristen Michal, o Partido Socialdemócrata foi expulsado da coalición gobernante e Läänemets volveu ao seu escano no parlamento, sendo sucedido por Igor Taro como Ministro do Interior.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha do Parlamento na XIV lexistatura Ficha no Ministerio do Interior
Categoría:Nados en Talín Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade de Talín Categoría:Ministros de Estonia