Dolores Blanco Montes, nada en Cangas de Morrazo en 1886 e finada no mesmo concello en 1947, foi unha sindicalista e política galega.
Traxectoria Atadeira, presidenta do sindicato de atadeiras "La Reivindicadora" de Cangas, da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida o 11 de agosto. Sobreviviu a un paseo no que resultou ferida.Progreso, 22-8-1936, p. 2. Xulgada en Pontevedra por rebelión foi condenada a doce anos e un día de prisión. Compriu condena na Prisión Central de Saturrarán.Personas encarceladas en la carcel de mujeres de Saturraran: 1.578 Conmutaron a pena o 23 de agosto de 1942. Houbo un intento para desterrarla a 60 quilómetros de Cangas, evitado pola mediación da familia. Enferma de diabete, finou en 1947 con 62 anos.
Recoñecementos
A Biblioteca Pública de Cangas ten un fondo pola igualdade co nome de Dolores Blanco Montes.Fondo por la Igualdad “Dolores Blanco Montes” Vida persoal Casou con José Rodal Lanzós, e foi nai de Dolores, Ángel e José Rodal Blanco.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Dolores Blanco Montes, sindicalista represaliada Bará, Luís (13/12/2014). "Lola Rodal: A paixón da memoria resistente" nondesaesquecemento.blogspot.com
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1947