O Día da Árbore é un día secular de observancia no que se anima a individuos e grupos a plantar árbores. Hoxe en día, moitos países celebran esta festividade. A efeméride, dedicada á plantación, protección e valorización das árbores e das masas forestais, non ten unha data única internacional, senón que varía segundo o clima, a estación máis axeitada para a plantación e a tradición de cada país. Desde 2012, o 21 de marzo coincide ademais co Día Internacional dos Bosques, proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.
Historia esquerda|miniatura|Mosteiro dos Picos, próximo á alameda dos Remedios en Mondoñedo, primeiro lugar do mundo onde se documenta un festival de plantación de árbores (s. XVI).
Idade Moderna A vila de Mondoñedo celebrou o primeiro festival documentado de plantación de árbores no mundo, organizado polo seu alcalde a finais do século XVI. Esta atribución foi recollida tamén por publicacións internacionais divulgativas, como o Smithsonian Gardens que a sitúa en 1594.
O evento, porén, segundo o relato histórico recollido por Eduardo Lence-Santar, tivo lugar o 4 de febreiro de 1569, promovido polo rexedor Luís de Luaces (ou Diego de Soto segundo outras fontes) no Campo dos Remedios. O alcalde mandou que cada veciño acudise á explanada para plantar árbores, incluíndo tres froiteiras. Un marcador de granito e unha placa de bronce lembran o evento; o lugar chámase agora Alameda dos Remedios e aínda está plantado de tileiros e castiñeiros de Indias.
Anteriormente, xa dende os primeiros anos do século XVI aparecen en Mondoñedo ordenanzas municipais instando os do lugar a respectar carballos e castiñeiros. O 28 de marzo de 1503 publicábase unha ordenanza na que se ameazaba cunha multa de seiscentos marabedís a quen cortara de máis os carballos. esquerda|miniatura|O naturalista Miguel Herrero Uceda no monumento ao primeiro Día da Árbore contemporáneo do mundo, en Villanueva de la Sierra, Cáceres, 1805.
Idade Contemporánea A historia do Día da Árbore arredor do mundo combina tradicións de protección do arborado, campañas pedagóxicas e iniciativas públicas de repoboación forestal. Na historiografía ibérica adoita salientarse a Festa da Árbore de Villanueva de la Sierra, celebrada en 1805, como a primeira festa arborícola moderna celebrada con continuidade coñecida na Península Ibérica.
No século XIX, a festa das árbores adquiriu un perfil crecente de política pública e pedagóxica. Suecia adoita ser citada como o primeiro Estado que institucionalizou unha celebración arborícola de ámbito nacional, en 1840.
Nos EUA, o American Arbor Day foi suxerido por J. Sterling Morton nunha xuntanza celebrada en Lincoln. En abril de 1872, un millón de árbores foron plantados en Nebraska. En 1883, Birdsey Northrop de Connecticut promoveu estender o Día da Árbore a todo o país; Northrop globalizou máis a idea ao visitar Xapón en 1895, e tamén levou o seu entusiasmo polo Arbor Day a Australia, Canadá e países europeos. A partir de 1906, o conservacionista Maior Israel McCreight de Pensilvania, argumentou que os discursos do presidente Roosevelt se limitaban á industria madeireira e recomendou unha campaña dirixida aos mozos e unha política sobre educación para a conservación. O 15 de abril de 1907, Roosevelt emitiu a "Proclama do Día da Árbore aos Escolares".M.I. McCreight, Theodore Roosevelt and Conservation Why: A Thirty-Four Year Moratorium on Unpublished Records (1940), Historical Society of Western Pennsylvania, p.12.
En España, a expansión contemporánea da festa chegou a finais do s. XIX. En Madrid celebrouse unha festa da arboreda en 1896, impulsada por Mariano Belmás, e desde 1897 a Cidade Lineal desenvolveu unha serie continuada de festas con participación escolar e veciñal. En Barcelona, a primeira Fiesta del Árbol organizada pola Sociedade Amigos de la Fiesta del Árbol celebrouse en 1899, arredor da figura do enxeñeiro forestal Rafael Puig i Valls.
A oficialización estatal produciuse polo Real decreto do 11 de marzo de 1904, que permitiu constituír xuntas locais e regular plantacións, viveiros e premios escolares. Máis tarde, a festa anual tornouse obrigatoria por disposición de 1915.dereita|miniatura|Día da Árbore en Alxeria
Datas de celebración segundo o país miniatura|Cerimonia do Día da Plantación de Árbores en Irán con estudantes da Escola Kamal en Ardabil, 1957 alt=Tree planting ceremony in Persia, Tehran|miniatura|Cerimonia de plantación de árbores en Teherán. miniatura|Enrique Pena Neto planta unha árbore en Chihuahua para conmemorar o Día da Árbore 2013. miniatura|Plantación de aciñeiras en Pescueza. A distribución internacional do Día da Árbore é moi desigual. Moitos países manteñen unha data propia, mentres outros o fan coincidir co Día Internacional dos Bosques ou con semanas de reforestación.
15 de xaneiro O 15 de xaneiro aparece como data do Día da Árbore en países como Xordania e Malta, e tamén figura en compilacións internacionais para Exipto.
12 de marzo O 12 de marzo é a data propia de China, onde a celebración está vinculada á memoria de Sun Yat-sen. En Taiwán, o Día da Árbore tamén se conmemora o 12 de marzo, e a presidencia da República da China vén marcando a data con actos públicos de plantación.
21 de marzo O 21 de marzo é hoxe a data internacional máis difundida, ao coincidir co Día Internacional dos Bosques. En Portugal, as institucións educativas e ambientais conmemoran o Dia Mundial da Árvore e o Dia Internacional das Florestas nesta mesma xornada.
En España, moitas actividades institucionais actuais tamén se concentran arredor desa data, aínda que historicamente a Fiesta del Árbol non tivo un único día fixo en todo o Estado.
25 de abril En Alemaña, o Tag des Baumes celébrase o 25 de abril.
Maio e xuño En Costa Rica o Día da Árbore celébrase o 15 de xuño desde 1915. En Uruguai a data é o 19 de xuño coincidindo co natalicio de José Artigas.
En Nova Zelandia a celebración ten lugar o 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Ambiente. Nas Filipinas, o 25 de xuño ficou fixado como Philippines Arbor Day por proclamación presidencial, e desde 2012 os gobernos locais deben estabelecer a súa propia xornada anual de plantación.
Xullo En México o Día da Árbore celébrase a segunda quinta feira de xullo desde 1959, por decreto presidencial. En Camboxa, a conmemoración ten lugar o 9 de xullo e adoita contar coa participación do monarca.
Setembro e outubro No Brasil, o Dia da Árvore celébrase o 21 de setembro. En Polonia, o Dzień Drzewa celébrase o 10 de outubro, data que tamén serve para campañas de educación ambiental e plantacións simbólicas.
Importancia das árbores e Día da Árbore en Galiza As árbores teñen unha presenza destacada no imaxinario galego. Ademais de ser a vila de Mondoñedo a que celebrou o primeiro festival documentado de plantación de árbores no mundo, no século XVI, había ordenanzas instando a respectar carballos e castiñeiros, e a non cortar de máis os carballos.
O poema «Os Pinos» de Eduardo Pondal, base do himno galego, converteu as árbores nun dos símbolos do país. Na obra e no pensamento de Castelao, a árbore ou albre aparece como símbolo político, económico e espiritual do país. Nunha pasaxe do Sempre en Galiza, escribiu: «O dia que seipamos o que val un albre, aquel dia non teremos necesidade de emigrar».esquerda|miniatura|Festa da árbore na praza de Carlos I, por Pedro Ferrer.
Desenvolvemento contemporáneo A primeira Festa da Árbore galega da época contemporánea celebrada con proxección pública ampla tivo lugar en Tui o 5 de abril de 1910, impulsada polo enxeñeiro forestal Rafael Areses Vidal. Na provincia da Coruña, a capital celebrou a súa primeira gran festa o 12 de marzo de 1911, con dous mil escolares e máis de catrocentas árbores plantadas.
A seguir, a celebración estendeuse a outras vilas. En Pontedeume houbo unha festa arborícola pioneira o 3 de marzo de 1912, con ampla participación escolar e actos públicos. En 1913 celebráronse actos en Miño, Neda e Ares, organizados coa colaboración da sociedade coruñesa Amigos de los Árboles, do profesorado local e dos concellos. Estes actos combinaban plantacións, himnos, bandas de música, merendas escolares e discursos pedagóxicos, ligando a festa á escola e ao ideal rexeneracionista.
No século XXI, moitas conmemoracións galegas fanse coincidir co 21 de marzo, en relación co Día Internacional dos Bosques, a través de actividades escolares, plantacións e campañas de sensibilización ambiental.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alvarellos, Henrique. Galicia en cen prodixios. Vigo: Xerais, 2004. Egleston, N. H. Arbor Day: Its History and Observance. Washington, D.C.: Government Printing Office, 1896. Herrero Uceda, Miguel; Herrero Uceda, Elisa. Vive la Fiesta del árbol. Elam Editores, 2017. ISBN 9788493658595. Pitts, Larissa. «Unity in the trees: Arbor Day and Republican China, 1915–1927». Journal of Modern Chinese History, 13(2), 2019, pp. 296–318. Boada, Martí. Boscos de Catalunya. Brau, 2003.
Outros artigos Os Pinos Silvicultura
Ligazóns externas FAO: International Day of Forests Arbor Day Foundation: Arbor Day Around the Globe GaliciaAberta: A festa da árbore máis antiga Eduga: A festa da árbore Portal Gov.pl: Dzień Drzewa
Categoría:Días de concienciación Categoría:Festas Categoría:Árbores