Lúa Mosquera Tenreiro, coñecida como Lúa Mosquetera, nada en Miño en 1988, é unha poeta galega. Traxectoria Está graduada en Lingua e Literatura Galegas. Publicou poesía e novela en galego e castelán, de estilo underground e feminista. Organiza obradoiros de bordado e escritura e practica o Spoken word, un tipo de performance poética centrada na posta en escena e a recitación oral. É campioa de Poetry Slam de Compostela.

Obra en galego Espíderman (2022, Editorial Galaxia; poemario)

Obra en castelán Rasrás (2018, autoedición; poemario) Aunque seas rara y seas pájaro (2020, autoedición; poemario) ¡Yo vivo! (2022, La Moderna; novela) El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo (2023, autoedición; poemario), cuxos versos levou nunha xira sobre os escenarios.

Premios

Premio aRi[t]mar a Mellor Poesía do Ano 2021 en Galicia polo poema Anorak de pel de caribú (incluído na obra Espíderman)

Notas

Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1988 Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes