Lamomali é un colectivo musical, na súa maioría de orixe francesa e maliana, formado principalmente por iniciativa de Matthieu Chedid, alias -M-, en 2015. O grupo mestura música africana, mundial, rock e pop. O seu álbum debut, autotitulado, foi lanzado en 2017 e foi seguido por Totem en 2025.
Historia Logo dunha viaxe a Malí en 2006, onde coñeceu ao intérprete de kora Toumani Diabaté e ao seu fillo Sidiki, o músico francés Matthieu Chedid, tamén coñecido como -M-, decidiu formar un colectivo musical co dúo no que tamén estaba a cantautora Fatoumata Diawara. Chamáronlle Lamomali, que significa "a alma de Malí" (), en francés. Chedid cumpriu así unha paixón que sentía pola nación de África Occidental. e en 2015, o conxunto lanzou o seu álbum de estrea, de título homónimo. O álbum inclúe achegas de Oxmo Puccino; Ibrahim Maalouf; Philippe Jaroussky; Seu Jorge; Nekfeu; Mamani Keïta; o pai de Chedid, Louis; e Youssou N'Dour entre outros. Posteriormente, o grupo foi de xira, actuando en varias cidades de Francia e Bélxica. Isto deu lugar a un álbum en directo, Lamomali Airlines, lanzado en 2017. Lamomali gañou na categoría de Álbum de Música do Mundo na cerimonia dos Victoires de la Musique de 2018.
Toumani Diabaté faleceu en 2024, durante a gravación do segundo álbum de estudio de Lamomali, Totem, que foi lanzado en 2025. O disco estaba dedicado a el así como a Philippe Zdar, que mesturara Lamomali e que faleceu en 2019. Inclúe contribucións de artistas como Amadou e Mariam, Oxmo Puccino, Philippe Jaroussky e Yamê. Posteriormente, o grupo emprendeu unha xira, que culminou no álbum en directo 'Totem Live máis tarde ese mesmo ano. Tamén en 2025, "Totem" foi reeditado como Lamomali je t'aime, con seis temas novos.
Membros do grupo Actuais
Matthieu Chedid – voz, guitarra, outros instrumentos Fatoumata Diawara – voz Sidiki Diabaté – kora, voz Mamadou Sidiki Diabaté – kora
Pasados;
Toumani Diabaté – kora (finado en 2024)
Discografía Álbums de estudio
Lamomali (2017) Tótem (2025) – reeditado como Lamomali je t'aime, tamén en 2025
Álbums ao vivo
Lamomali Airlines (2017) Totem Live'' (2025)
Notas
Categoría:Grupos musicais formados en 2015 Categoría:Grupos musicais de Francia Categoría:Grupos musicais de Malí