The Cell é un filme xermano-estadounidense de 2000 dirixido por Tarsem Singh no seu debut como director, escrito por Mark Protosevich, e protagonizado por Jennifer Lopez, Vince Vaughn e Vincent D'Onofrio. O filme segue a un equipo de científicos mentres empregan tecnoloxía experimental para axudar a un traballador social a entrar na mente dun asasino en serie en coma para localizar onde agochou á súa última vítima de secuestro. Marianne Jean-Baptiste, Jake Weber, Dylan Baker, Tara Subkoff e Pruitt Taylor Vince conforman o resto do elenco.
Protosevich comezou a desenvolver o filme a mediados da década de 1990 e vendeu o guión a New Line Cinema en 1998, momento no que Singh se converteu en director. Unha coprodución entre os Estados Unidos e Alemaña, The Cell foi filmada en 1999 en California, con fotografía adicional realizada en Namibia e Barcelona.
Personaxes
Jennifer Lopez como Dr. Catherine Deane Vince Vaughn como Axente Especial Peter Novak Vincent D'Onofrio como Carl Rudolph Stargher Jake Thomas como Carl Rudolph Stargher de mozo Marianne Jean-Baptiste como Dr. Miriam Kent Jake Weber como Axente Gordon Ramsey Dylan Baker como Henry West James Gammon como Teddy Lee Tara Subkoff como Julia Hickson Gerry Becker como Dr. Cooperman Dean Norris como Cole Musetta Vander como Ella Baines Patrick Bauchau como Lucien Baines Colton James como Edward Baines Catherine Sutherland as Anne Marie Vicksey Lauri Johnson as Mrs. Hickson Pruitt Taylor Vince como Dr. Reid Kim Chizevsky-Nicholls como vítima de Stargher Gareth Williams como pai de Stargher Peter Sarsgaard como John Tracy (sen acreditar)
Notas
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Tarsem Singh Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes rodados en Namibia Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Barcelona