Sara Torres Rodríguez de Castro, máis coñecida como Sara Torres, nada en Xixón en 1991, é unha escritora española.

Traxectoria Estudou Lingua Española e as súas Literaturas na Universidade de Oviedo. Doutorouse na Queen Mary University de Londres coa tese The Lesbian Text: Fetish, Fantasy and Queer Becomings (O texto lesbiano. Fantasía, fetiche e devires queer). Tamén en Londres cursou un máster interdisciplinar no King´s College especializándose en teorías da textualidade, psicanálise, estudos queer e feminismos.

Torres foi profesora de estudos culturais con perspectiva de xénero na Universidade Autónoma de Barcelona. En 2022 foi coordinadora do ciclo de Poesía en Acción do Museo Carmen Thyssen de Málaga.

O seu traballo teórico e creativo céntrase na análise do desexo, o corpo e o discurso a través dun aparato crítico feminista e interdisciplinar que entrelaza a psicanálise, os novos materialismos e os estudos queer.

Durante a escritura de La sedución (2024) viviu en Alemaña e traballou cunha bolsa postdoutoral da Universidade de Passau, investigando sobre a escrita que xorde despois de recibir un diagnóstico de cancro. Tamén escribe regularmente para ElDiario.es na sección Está bien sentir.

En maio de 2026 participou no Rosalía en camiño en Padrón e Santiago.

Obra Poesía

La otra genealogía (2014). Ediciones Torremozas. ISBN 9788478395811. Conjuros y cantos (2016). La Bella Varsovia. ISBN 9788433929426. Phantasmagoria (2019). La Bella Varsovia. ISBN 9788494800795. El ritual del baño (2021). La Bella Varsovia. ISBN 9788412169379. Deseo de perro (2023). Letraversal. ISBN 978-84-127137-4-9.

Novela

Lo que hay (2022). Reservoir Books. ISBN 9788410352452. La sedución (2024). Reservoir Books. ISBN 9788419437808.

Ensaio

La potencia afectiva, Deseo, cuerpo y emociones (2025). Continta me tienes. ISBN 978-84-19323-31-6. El pensamiento erótico (2026). Reservoir Books. ISBN 9788410352186.

Libros colectivos

Querida Theresa (2022). Comisura.

Participación en antoloxías

Outra maneira de olhar (eds.:Carlos Castillo Pais e Miguel Floriano) (2020). Ediçoes Colobri, Lisboa. Planetaria. 27 poeti do mondo nati dopo 1985 (2020). Taut Editori. (h)amor 9: amigas (2024). Continta me tienes.

Premios e recoñecementos

2014: Premio Gloria Fortes de poesía nova por La otra genealogía. 2022: Premio "Javier Morote", outorgado por CEGAL (Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros), á mellor autora revelación por Lo que hay.

Notas

Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1991 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas de Asturias Categoría:Novelistas de Asturias Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo