Rallus indicus é unha especie de aves da familia Rallidae que se reproduce no norte de Mongolia, leste de Siberia, nordés da China, Corea e norte do Xapón, e inverna no sueste asiático.Taylor & van Perlo (2000) p. 29 Antes adoitaba considerarse unha subespecie da zurrasca eurasiática.
Descrición miniatura|esquerda|En Chittagong, Bangladesh.
A especie diferénciase da forma nomeada lixeiramene máis pequena por ter a parte dorsal máis clara, a parte ventral de tons marróns e por unha banda marrón que atravesa o ollo. Comparada con R. a. korejewi, é máis escura dorsalmente, ten un peito máis marrón, con branco na gorxa e unha banda no ollo marrón máis obvia. Ten diferentes vocalizacións que as outras formas e agora normalmente se lle dá status de especie, aínda que o seu comportamento, niño e ovos son idénticos aos das outras subespecies de zurrasca eurasiática.
Ademais da súa plumaxe distintiva, ten vocalizacións moi diferentes ás das outras zurrascas, e é considerada unha especie separada nas obras antigas, incluíndo a primeira edición (1898) de Fauna of British India, pero posteriormente foi rebaixada a subespecie por E. C. Stuart Baker na segunda edición (1929). Foi restaurada á categoría de especie, co nome R. indicus, por Pamela Rasmussen na súa obra Birds of South Asia (2005). Rasmussen, que é unha experta en aves asiáticas, tamén renomeou as outras formas da zurrasca eurasiática occidental. O seu tratamento destas aves conseguiu gran aceptación, e é o seguido en Birds of Malaysia and Singapore (2010). Un estudo de 2010 de filoxenia molecular apoiou tamén a posibilidade de darlle un status de especie á subespecie R. a. indicus, que se estimou diverxeu das forma occidentais hai arredor de 534.000 anos. O artigo tamén suxeriu que as diferenzas entre as outras tres razas eran clinais, e que todas deberían incluirse en R. a. aquaticus.
A chamada é bastante diferente da doutras zurrascas. A chamada de cortexo, que fan durante todo o ano, é un pío agudo que soa kiu, máis longo e claro que o da raza europea. A canción é unha serie de notas murmuradas metálicas que soan shrink, shrink, unhas dúas veces por segundo, que repiten despois dunha curta pausa. A raza do leste non responde ás chamadas de anuncio gravadas da subespecie nomeada R. a. aquaticus.
O peso medio dos niños secados polo vento de R. indicus no Xapón era de 95 g.
Distribución e hábitat A especie é principalmene migratoria, invernando no sur do Xapón, leste da China e norte de Borneo. É pouco común na parte norte de Bangladesh, Myanmar, Laos, e norte e centro de Tailandia, e normalmente non chega máis ao sur que a parte continental do sueste asiático. Rexistráronse no pasado migrantes en Sri Lanka, aínda que no subcontinente indio se atopan principalmente nas rexións setentrionais, cuns poucos rexistros máis ao sur en Bombai. Ao chegaren á India, estas zurrascas poden estar tan exhaustas que poden collerse coa man. As aves reprodutoras da illa xaponesa de Hokkaido migran maiormente bastante ao sur, chegando a Corea, mais uns poucos poden permanecer durante o inverno nas marismas costeiras de Honshu.
Notas
Categoría:Rálidos Categoría:Animais descritos en 1849