Sara Sorda, nada en Torremaggiore, Foggia, o 31 de agosto de 1933 e finada en Roma o 10 de agosto de 2022, foi unha numismática italiana.

Traxectoria Sara Sorda, nada o 31 de agosto de 1933 en Torremaggiore,Tomassoni, R. (2024). Páxina 217. na rexión de Puglia, foi alumna da numismática italiana Laura Breglia e logo pasou a vida profesional como docente nas universidades de Trieste, Perugia, Salerno e, finalmente, Tuscia."La scomparsa di Sara Sorda, Presidente dell’Istituto". Istituto Italiano di Numismatica (istitutoitalianonumismatica.it).

Tamén estivo moi ligada ao Instituto Italiano de Numismática, en cuxa revista Annali colaborou desde a década de 1960, e tamén foi conservadora da colección de moedas de Vítor Manuel III, depositadas nesta institución ata o seu traslado ao Museo Nacional Romano. Neste instituto ocupou a secretaría xeral, logo a dirección científica baixo a presidencia de Laura Breglia e logo ingresou no Consello de Administración na etapa de Attilio Sanzio. Finalmente, desde 2010 ata o seu falecemento, Sara Sorda exerceu a presidencia do Instituto Italiano de Numismática.

Os seus intereses científicos centráronse especialmente na investigación da prehistoria monetaria e na circulación do bronce na península italiana, así como na publicación e no estudo de achados numismáticos. O seu traballo científico e institucional centrouse constantemente na protección e na conservación do patrimonio numismático italiano.

Sara sorda finou en Roma o 10 de agosto de 2022, aos 88 anos de idade.

Publicacións Esta é unha escolma das publicacións sobre numismática realizadas por Sara Sorda ao longo da súa traxectoria:Tomassoni, R. (2024). Páxina 220.

(1967). "Ripostigli di monete romane repubblicane nel Museo Nazionale di Ancona". En Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica. 12-14. Páxinas 85-118. (1967). "Il riordinamento del medagliere del Museo Nazionale di Ancona". En Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica. 12-14. Páxinas 143-144. (1968). "Soprintendenza alle Antichità delle Marche". En Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica. 15. Páxinas 219-220. (1970). "Soprintendenza alle Antichità delle Marche". En Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica». 16-17. Páxina 298. (1971). "Le monete, in Villa Potenza (Macerata). Rinvenimenti in proprietà A.G.I.P.". En Notizie degli Scavi di Antichità. 25. Páxinas 418-423. (1972). "Ripostigli di monete romane repubblicane nel Museo Nazionale di Ancona". En Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica. 18-19. Páxinas 123-152. (1973). "Tesoretto di Jesi". En Rivista Italiana di Numismatica e Scienze Affini. 75. Páxinas 111-119. (1974). "Le monete". En "Portorecanati (Macerata). La necropoli romana di Portorecanati". En Notizie degli Scavi di Antichità. 28. Páxinas 431-432. (1981). "Due tesoretti di fine II secolo d.C. dalla VI Regio". En Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica. 27-28. Páxinas 79-113. (1982). "Appendice IV. Le monete". En "Urbino (Pesaro). Necropoli romana: tombe al Bivio della Croce dei Missionari e a San Donato". En Notizie degli Scavi di Antichità. 36. Páxinas 416-420.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bacchelli, B.; Lenger, D. S. (2023). "Professor Sara Sorda: A Memory". En Kairos. Anatolian Numismatic Studies. Vol. I. Páxinas IX-XI. Tomassoni, R. (2024). "Ricordo di Sara Sorda". En Picus. Studi e ricerche sulle Marche e l’Adriatico nell’Antichità. XLIV. Páxinas 217-220.

Outros artigos

Instituto Italiano de Numismática

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados na provincia de Foggia Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Profesores da Universidade de Trieste Categoría:Profesores da Universidade de Perugia Categoría:Profesores da Universidade de Salerno Categoría:Personalidades sen imaxes